Tras a reunión mantida co director de Función Pública, e a falta de novas máis concretas respecto dos procesos selectivos e os concursos de traslados, informámosvos dos datos facilitados:
CONCURSOS DE TRASLADOS
- Concurso de traslados de Corpos Xerais: polo anunciado polo director de Función Pública, parece ser que se resolverá en setembro dado que o persoal xa ten asignadas as vacacións e tendo en conta o trastorno que xeraría na organización dos servizos.
- Concurso de traslados do CIXTEC: Afirma o director que o proceso se resolverá pronto a pesar de estar pendiente desde hai moito tempo.
- Concurso de traslados do persoal laboral: Di Función Pública que a prioridade agora é o concurso de corpos xerais, pero que na mesa xeral desta semana tentará concretar algo máis.
PROCESOS SELECTIVOS ACCESO LIBRE CORPOS XERAIS:
Ao longo desta semana sairán publicados os tribunais e tamén faranse públicas as datas concretas da súa realización, aínda que segundo o director de Función Pública, os exames serán no mes de xullo