A CIG, obsesionada con reducir a metade as prazas ofertadas na OPE 2016

AsesoriaXuridicaO día 2 de xuño tivo lugar a celebración do xuízo do Conflito Colectivo 10/2016, en relación á impugnación por parte da CIG do Acordo entre a Administración e as organización sindicais CSI•F, CC.OO e UGT e sobre o incremento de prazas para a OPE 2016 na promoción interna.

A CIG segue erre que erre e ratificouse en instar a anulación da referida OPE, e en consecuencia SUPRIMIR A METADE DAS PRAZAS OFERTADAS DAS DIVERSAS CATEGORÍAS DE PERSOAL LABORAL, baseándose na falta de lexitimación dos asinantes do referido acordo para adoptar o mesmo, así como na falta de publicación e rexistro. É dicir, achaca defectos formais; A CIG antepón un defecto de forma aos intereses dos traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia xa que o fondo do acordo non é outro que posibilitar que se dupliquen as prazas a ofertar na OPE.

Evidentemente, as partes asinantes do acordo defendemos a validez do acordo, baseándonos –a modo de resume- en que o propio V Convenio prevé a posibilidade de adoptar pactos entres a Administración e as organizacións sindicais que modifiquen o disposto no Convenio.

Ademais, os servizos xurídicos da CSI•F criticaron con dureza a petición de anulación da referida OPE por parte da CIG, toda vez que non existe un obxecto ou interese manifesto e claro desta impugnación, toda vez que único que se conseguiría sería reducir á metade ás prazas de promoción interna e libre, causando un claro prexuízo para os traballadores e traballadoras da Xunta de Galicia.

Seguiremos informando segundo dispoñamos de novas ao respecto.