Permisos electorais para os empregados públicos o 26-X

Eleccións 26 XO persoal ó servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que o día das eleccións non desfrute do seu descanso semanal terán dereito a un permiso retribuído de ata 4 horas para exercer o seu dereito ó voto, sempre que a súa quenda de traballo coincida polo menos en 4 horas ca apertura das mesas electorais.

O persoal nomeado presidenta/e ou vogal de mesas electorais e as/os que acrediten a súa condición de interventoras/es teñen dereito, durante o día da votación, a un permiso retribuído de xornada completa se non desfrutan nese día do descanso semanal, e a unha redución da súa xornada de traballo de cinco horas o día inmediatamente posterior.

Os que acrediten a súa condición de apoderadas/os teñen dereito a un permiso retribuí­do durante o día da votación, se non desfrutan nese día de descanso semanal.

O persoal ao servizo da Administración pública de Galicia que se presente como candidata/o ás eleccións poderá ser dispensada/o da prestación do servizo durante a campaña.

Se tes algunha dúbida consulta co/a teu/túa delegado/a sindical.