CSI-F impartirá cursos homologados para actuar ante casos de violencia laboral física, adicións e emerxencias

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSI-F) impartirá en setembro e outubro cursos nas catro provincias galegas co obxectivo de mellorar a formación en PRL dos traballadores, en especial dos empregados públicos. A convocatoria dos mesmos saíu hoxe publicada no DOG e o prazo de presentación de solicitudes finalizará o 8 de setembro.

As actividades formativas, homologadas pola EGAP e cofinanciadas pola Xunta de Galicia, son as seguintes:

Cursos PRL CSI-F Galicia

I. Defensa persoal profesional para traballadores/as ante situacións de violencia laboral física, destinado a traballadores da Administración, especialmente a aqueles que desenvolvan funcións ou tarefas que impliquen a atención ao público e/ou relacións de carácter interpersoal.

O curso pretende establecer mecanismos axeitados de actuación ante riscos derivados dunha situación de violencia laboral de carácter físico, sexan de carácter interno ou externo, que non se poden evitar, pero que é preciso controlar, paliar e/ou atenuar.

  • Consulta aquí os obxectivos e contidos.
  • Desenvolveranse catro edicións, de 15 horas presenciais, con 20 alumnos por edición.

Curso PRL CSIF Violencia Laboral

 

II.- Prevención de riscos laborais derivadas das adicións no traballo, destinado a traballadores e/ou persoal que desenvolven tarefas de atención ao público, coordinación de grupos, xestión de persoal ou similares.

O seu fin é que os empregados aprendan a identificar os riscos asociados ao consumo de drogas e ao alcohol no ámbito laboral así como a establecer hábitos de consumo saudables nos entornos de traballo e a elaborar e pór en marcha protocolos de prevención e actuación.

  • Consulta aquí os obxectivos e contidos.
  • Desenvolveranse catro edicións, de 15 horas presenciais, con 20 alumnos por edición.

Curso PRL CSIF adicións

 

III. Práctica preventiva para a actuación en plans de evacuacións, emerxencias e primeiros auxilios, destinado principalmente a aqueles traballadores/as que puidesen ser designados nos procesos de organización e coordinación deste tipo de actividades na empresa.

Búscase, a través de esta acción, que os traballadores identifiquen o marco normativo para o establecemento dos plans de evacuación e emerxencia na empresa. Además, aprenderán  a deseñar, implantar e establecer un plan de evacuación, así como a actuar ante os posibles accidentes, levando a cabo os primeiros auxilios.

  • Consulta aquí os obxectivos e contidos.
  • Desenvolveranse catro edicións, de 15 horas presenciais, con 20 alumnos por edición.

Curso PRL CSI-F Accidentes

 

Presentación de solicitudes:

O prazo para solicitar a inscrición nestes cursos ábrese mañá (día seguinte a saída da convocatoria no DOG) e finalizará o 8 de setembro.

As solicitudes de participación só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo http://egap.xunta.es/matricula desde as 08.00 horas da data de inicio do prazo de presentación e ata as 23.55 horas da data de finalización.

As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 546 257, 981 546 254, 981 546 335 e do enderezo de correo electrónico xestion.egap@xunta.es.