Cadro comparativo e emendas da CSI-F ao proxecto de Lei de medidas administrativas 2017

No proxectoLei medidas 2017 de Lei de medidas administrativas para o ano 2017, que acompaña ao proxecto de Lei de orzamentos para o mesmo ano, contémplanse modificacións substantivas doutras leis da Comunidade Autónoma de Galicia que teñen unha afectación directa e importante no conxunto dos empregados públicos galegos.

Así, mediante este proxecto de Lei de medidas proponse modificar as seguintes leis:

  • Lei 2/2015, do emprego público de Galicia, de recente aprobación.
  • Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.
  • Lei 1/2012, de 29 de febreiro, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público na Comunidade Autónoma de Galicia.

Todas as modificacións que propoñe o Goberno galego ao Parlamento de Galicia afectan a condicións laborais e económicas dos empregados públicos e, polo tanto, son materias que obrigatoriamente tiñan que se negociar coas organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, por así esixilo o artigo 37 o Estatuto Básico do Empregado Público: Serán obxecto de negociación, no seu ámbito respectivo e en relación coas competencias de cada Administración Pública e co alcance que legalmente proceda en casa caso, as seguintes materias: … “k) As que afecten ás condicións de traballo e ás retribucións dos funcionarios, cuxa regulación esixa norma con rango de lei.”

Non obstante, a Consellería de Facenda, incumprindo o mandato do EBEP remitiu directamente o proxecto de Lei de medidas administrativas ao Parlamento, negando ás OO.SS e ao conxunto dos empregados públicos de Galicia o seu dereito á negociación colectiva.

Para facilitar o coñecemento do contido e alcance do proxecto de Lei de medidas administrativas para o ano 2017, achegamos o Proxecto de Lei, un cadro comparativo coas modificacións propostas polo Goberno galego (en vermello) e as propostas das emendas da CSI-F: