Herald Toupeiras consolídase como a web de referencia dos empregados públicos

captura-de-pantalla-2017-01-09-a-las-20-06-07O portal para os empregados públicos do sector autonómico pecha os dez primeiros meses desde o seu redeseño con 190.000 consultas e 63.100 visitantes distintos.

Unha media de 6.300 usuarios distintos consultan ao redor de 90.000 páxinas cada mes a web do Herald Toupeiras, boletín independente dos empregados públicos galegos elaborada por CSIF Galicia para o sector autonómico, desde o seu redeseño en marzo de 2016. En total, as estatísticas reflicten máis 190.000 consultas e 63.100 visitantes distintos, que consolidan ao portal como un referente entre os traballadores da Administración galega.

Ademais, o 2017 entra con forza xa que só nos primeiros días de xaneiro, en plenas vacacións de Nadal, as noticias e seccións da web foron consultadas por máis de 4.100 persoas, que realizaron máis de 11.400 consultas.

Entre os contidos fixos con máis seguidores mes a mes atópase o boletín News Semanais para o sector Autonómico, onde se recollen as últimas novidades en función pública, os posicionamentos de CSIF en Galicia e a nivel nacional nos temas de maior interese para os empregados públicos, os procesos selectivos, as ofertas públicas de emprego, cursos de formación, etc. Así mesmo, destaca o alto interese provocado polos últimos números da revista satírica ‘Herald Toupeiras Especial Edition’ centrados na polémica da privatización de Turismo, nos Orzamentos previstos para 2017, así como a creación da figura do PSX e a funcionarización do persoal laboral.

Entre as noticias máis lidas nestes meses destacan aquelas relativas as irregularidades de Función Pública nos procesos selectivos, recoñecidas xa por varias sentencias, así como as referentes ás pagas extraordinarias, a carreira administrativa e as novidades sobre funcionarización.

Desde CSIF Galicia queremos agradecer o seguimento fiel e o interese dos empregados públicos polas novas e seccións da nosa web, como así reflicten as estadísticas, así como a súa participación e interaccións co noso sindicato a través das redes sociales, Facebook e Twitter (@HeraldToupeiras), vinculadas ao Herald Toupeiras.