Maquinan e conspiran Función Pública con CIG, CCOO e UGT ás costas dos traballadores do Consorcio e dos da Xunta?

captura-de-pantalla-2017-01-12-a-las-11-15-31Segundo informacións recibidas, no día de onte Función Pública, de forma oscurantista,
remitiu aos sindicatos que constitúen o Bloque Sindical de Clase (CIG, CCOO e UGT) unha nova proposta de Inclusión das Categorías de Xerocultor e PSX no V Conveniocoa condición de que dita nova proposta non se fixera pública aos traballadores do Consorcio de I+B nin aos de Política Social ata que acadasen acordo entre eles.

De confirmarse este feito sería de extrema gravidade, pois non só se lle está a negar a información aos traballadores afectados senón que se está a incumprir gravemente a Ley orgánica de libertad sindical, ao negárselle a CSIF o coñecemento desa nova proposta e tratar de afastalo da negociación… Non o van conseguir!

De ser certas as informacións, unha vez máis poríase de manifesto que a presenza de CSIF é incómoda e molesta cando se están a negociar cousas que van máis alá dos intereses dos traballadores.

Dende CSIF vimos a esixir a Función Pública que confirme ou desminta estas informacións e, de confirmarse que, con carácter de urxencia, nos dean traslado desa nova proposta de creación de categorías e se faga pública a todos os traballadores.

Confiamos que a cordura e o sentido común imperen sobre a histeria  e a irracionalidade que parece estar instaurada en certos ámbitos da Consellería de Facenda.