CSIF solicita plenos extraordinarios dos comités polo acordo de integración do Consorcio de I+B e a creación de categorías

captura-de-pantalla-2017-01-12-a-las-11-15-31A votación no Comité Intercentros para a creación das categorías de PSX e Xerocultor pode ser o martes.

Os delegados da CSIF veñen de solicitar a convocatoria de plenos extraordinarios nós comités polo acordo de integración do Consorcio de I+B e a creación de categorías (PSX – Xerocultor)

Tras os derradeiros acontecementos, nos que a Dirección Xeral da Función Pública ven de pactar en segredo cos sindicatos CIG, CCOO e UGT a folla de ruta e o texto definitivo cara a creación das categorías de PSX e Xerocultor, os delegados da CSIF solicitan a convocatoria urxente de plenos extraordinarios nós Comités de Empresa da Consellería de Política Social para que os traballadores podan coñecer o posicionamento dos seus representantes sobre dita cuestión.

É urxente a súa convocatoria porque é inminente a convocatoria da Dirección Xeral da Función Pública ó Comité Intercentros para a votación do acordo de creación das categorías de PSX e Xerocultor.

CSIF INFORMACSIF firmou o acordo de integración do Consorcio. E votou a favor fai sete anos da LOFAXGA, lei fundamental que habilita os procesos de integración dos entes instrumentais (outros votaron en contra). Tamén votamos a favor do decreto de integración que regula o procedemento a seguir nas integracións (e os mesmos volveron votar en contra para impedir as integracións). Pero neste caso a creación das categorías de PSX e Xerocultor imponse como unha chantaxe, e nós non estamos acostumados ás chantaxes nin as ameazas…nin imos pasar por elas, sobre todo porque o rescate teñen que pagalo o conxunto dos empregados públicos da Xunta. Tamén o persoal funcionario…tempo ao tempo…

En todo caso, creemos que os Comités de Política Social, como primeiros afectados pola falcatruada, no poden mirar cara outro lado nin facer deixación das súas funcións.

E obriga de ditos comités, como órganos independentes que son, dar a cara e posicionarse sobre unha cuestión de vital importancia para os empregados públicos que representan e que marcará o futuro de moitos deles.

E por último dicir que non. Que non é certo o que están a dicir algúns…como o goberno o quere facer nos non podemos facer nada”. Todo o contrario, podemos e debemos. Se na votación do Comité Intercentros sete dos seus membros votan en contra mandamos o carallo o plan do goberno para devaluar o emprego público.

Por hixiene democrática esperamos que ninguén impida a celebración dos plenos extraordinarios. Xa os contaremos….