Ábrese mañá ata o 15 de xullo o prazo para inscribirse nas listas de contratación do persoal laboral da Xunta

CSIF INFORMAApertura das listas de contratación:

No DOG de hoxe, 28 de febreiro, acórdase o peche e a apertura de determinadas listas para a incorporación de novas solicitudes para a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia e o nomeamento de persoal funcionario interino correspondente a determinados grupos, categorías, corpos e escalas ou especialidades.

As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes de inclusión nas listas que se atopen abertas no período comprendido entre o 1 de marzo e o 15 de xullo. 

Nas listas que se atopen pechadas soamente se poderán inscribir aquelas persoas que, para a lista correspondente, superasen algunha proba do último proceso selectivo ou teñan prestado servizos na Xunta de Galicia.