Procesos selectivos para o ingreso na escala de Subinspectores de Consumo e na de superior de Finanzas

PROXECTOS DE ORDE POLA QUE SE CONVOCAN OS PROCESOS SELECTIVOS PARA O INGRESO NA ESCALA DE SUBINSPECTORES DE CONSUMO E NA ESCALA SUPERIOR DE FINANZAS.

Na xuntanza mantida hoxe (07/03/3017) coa responsable da Subdirección de Provisión de Postos e Selección de persoal, tivemos información sobre os procesos selectivos da Escala Superior de Finanzas e dos Subinspectores de Consumo:

Con carácter xeral para ambos procesos, a dirección xeral de Función Pública está a estudar a alegación da CSIF en relación coas normas de dereito positivo a data de constitución do tribunal, como materia obxecto de exame. Consideran que o prazo total de 55 días entre a constitución do tribunal e a data do primeiro exame é un prazo excesivamente curto para a determinación da materia obxecto de exame e están estudiando establecer un prazo entre a data da convocatoria e da realización do primeiro exercicio. Tampouco aceptan a proposta de pechar o programa que rexerá os procesos selectivos á data da convocatoria, pero si pensan en poder pechalo dous ou tres meses antes da data que se estableza na convocatoria para a realización do primeiro exame.

Así mesmo, di a Admistración que é a súa vontade acurtar ao máximo a duración dos procesos selectivos

SUBINSPECTORES DE CONSUMO:

  • Polo que se refire ao sistema selectivo, mantense o de oposición, tanto para o acceso libre como para a quenda de promoción interna. Dende CSIF reiteramos a nosa solicitude de que o sistema selectivo sexa o de concurso-oposición, cando menos para a quenda de promoción interna. Na reunión de hoxe solicitámolo de novo e a subdirectora concordou en valoralo de novo para a quenda de promoción interna unicamente. Non hai impedimento legal para establecer nunha mesma convocatoria un sistema selectivo para a quenda de promoción interna e outro para a de acceso libre, e polo tanto, pode admitirse a nosa alegación dun sistema selectivo de concurso-oposición, polo menos en parte.
  • O que si se está a estudiar é a exención da realización do primeiro exercicio (referido á parte xeral do programa) para os aspirantes que concorran pola quenda de promoción interna, así como o cambio do segundo exercicio de desenvolvemento por un tipo test. A este respecto vai a ser consultada a Consellería de Economía, e se aceptan os cambios neste exercicio, pasará a ser tamén tipo test.
  • Polo que respecta ao carne de conducir, que se require para o acceso ao proceso selectivo, entenden que é un requisito necesario aínda que recoñecen que non aparece como requisito na RPT nin la Lei 11/2004, de 19 de novembro, de inspección de consumo, aínda que si estará nunha inminente proposta de modificación da RPT da Consellería de Economía, Emprego e Industria. Polo tanto, mantense o carne de conducir como requisito.
  • En canto aos temarios, a parte xeral está xa publicada pola EGAP e na páxina web da mesma, pero non hai previsión de que se elabore e publique a parte específica.

ESCALA SUPERIOR DE FINANZAS:

  • Mantense a proba oral moi a pesar de que así claramente non se mantén o anonimato que se debe garantir en todo proceso selectivo e máis nun no que unicamente se convocan prazas para a promoción interna. Co argumento de que este tipo de probas orais están previstas en moitas oposicións e que o acceso a estas probas é público, non se retira unha proba oral que non aporta nada esencial para o acceso a esta escala e que non fai máis, na realidade, que prolongar o proceso selectivo innecesariamente.
  • Estase a estudiar a retirada que solicitamos de un total de 20 temas correspondentes á área de Dereito Administrativo, xa que son temas que se inclúen tamén no programa dos procesos selectivos da escala técnica de Finanzas.
  • Polo que respecta á parte do concurso, hai cambios que a subdirectora considera que deberían valorarse nunha negociación máis ampla ao respecto dos concursos, como algunhas propostas ao respecto da valoración da formación, pero non se realizarán cambios no previsto nesta convocatoria, máis alá da eliminación da valoración do Diploma de Directivo.