Novas sobre a Mesa Xeral de Empregados Públicos e da Comisión de Persoal

Nota informativa sobre a Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos (extraordinaria) e Comisión de Persoal (28 de marzo de 2017)

Temas que se abordaron:

  1. Modificación da RPT da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
  2. Acordo para a tramitación das RPTs ao amparo da Lei 2/2015 do Emprego Público de Galicia.
  3. Proposta de modificación da RPT da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
  4. Proxecto de Decreto polo que se regula o réxime de contratación do persoal investigador laboral da Administración da Comunidad Autónoma de Galicia.
  5. Proposta de modificación da RPT do Instituto Galego de Estatística.
  6. Proxecto de orde polo que se convoca o proceso selectivo no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Coumindade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.
  7. Proxecto de Orde polo que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo administratico de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo.
  8. Proxecto polo que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo superior de Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de Finanzas.
  9. Rogos e preguntas.

 1.- Modificación da RPT da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Dende a primeira xuntanza cos representantes da Vicepresidencia, aceptouse a alegación da CSIF para modificar a forma de provisión da Xefatura do Servizo Técnico Xurídico, que pasa, como establece o artigo 91 da Lei 2/2015, de 29 de abril, do Emprego Público de Galicia, a sistema de Concurso Específico.

Entendemos que esta modificación é unha cuestión puntual e urxente para a mellor dotación dos equipos psicosociais do IMELGA e, pendentes do compromiso da Consellería de estudiar a inclusión do plus de especial dedicación, apoiamos a modificación presentada pola Administración.

2.- Acordo para a tramitación das RPTs ao amparo da Lei 2/2015 do Emprego Público de Galicia.

 A pesar das últimas modificacións introducidas no documento orixinal, dende a CSIF non podemos apoiar este proxecto. Primeiro, porque a primeira noticia que tivemos do mesmo foi o pasado 7 de marzo e, polo tanto, de pretender acadar un acordo, debería negociarse e discutirse con tempo suficiente. Non entendemos a presa deste asunto.

En segundo lugar, introdúcese unha nova área funcional, a “Tributaria” destinada a albergar “postos do corpo xeral que, sen ser da escala de finanzas, realicen funcións de apoio no eido tributario na Axencia Tributaria de Galicia”. Pensamos que as áreas funcionais poden ser unha nova maneira de encasillar ao funcionario nunha determinada especialidade, coma se de unha escala se tratase, e non podemos concordar coas creadas. Requirimos que se retire este punto da orde do día e se abra unha verdadeira negociación. Votamos en contra da proposta da Administración.

2.- Proposta de modificación da RPT da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio:

As modificacións principais que se produciron foron as seguintes:

  • Corrixíronse erros na configuración das áreas funcionais do posto de habilitación de persoal de Pontevedra que estaba incluído na área Económico-Orzamentaria a diferencia das das restantes provincias. Pasa polo tanto a estar na área de Persoal, xa que son as tarefas de xestión de persoal as que prevalecen nestes postos.
  • Nas xefaturas de sección de caza e pesca das provincias, estarán abertas para a súa provisión por Biólogos/as e Enxeñeiros/as de Montes, coa observación da efectividade da dita modificación cando quede vacante, para respetar as diferentes titulacións que teñan os actuais ocupantes destes postos.
  • Elimínase a esixencia do permiso de conducir B1 para os membros do Servizo de Inspección Ambiental dependente da Subdirección Xeral de Coordinación Ambiental.
  • Recodificarase unha praza de axente que actualmente presta servizos en Gondomar, pero que na RPT consta na Conca do Ulla.
  • Por outra parte, a consellería amósase predisposta á creación de unha escala de meteorólogos na que pensa que poderían integrarse as titulacións de Matemáticas e Físicas, aínda que non é un proxecto a corto prazo.

As modificacións parécennos insuficientes xa que se amortizan postos de persoal funcionario mesmo en servizos nos que non quedará ningún posto base para a realización das tarefas administrativas cotiás, e tampouco se fai constar expresamente a obriga de reserva dos pstos correspondentes aos procesos de consolidación do persoal laboral.

Non podemos apoiar esta proposta de modificación da RPT de Medio Ambiente, porque consideramos que é unha aportunidade perdida para configurar unha Consellería de corte técnico que invirta e dote os postos que lle dan carta de naturaleza e especificidade, e non reforzando aqueles de carácter eminentemente administrativo, pero temos que recoñecer tamén o esforzo negociador das representantes da consellería e, sobre todo, a redotación das prazas de axentes medio ambientais que se realiza.

4.- Proxecto de Decreto polo que se regula o réxime de contratación de persoal investigador laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ao respecto do decreto presentado para a regulación da contratación de persoal laboral investigador non hai tampouco modificacións dende a última Xunta a e valoramos positivamente que se aceptarán a mayor parte das notas alegacions en materia de plazo de desistimiento e a motivación de todas. Non nos acaba de convencer a limitación temporal dos contratos que establece o decreto e optamos pola abstención.

5.- Proposta de modificación da RPT do Instituto Galego de Estatística.

Non hai modificacións importantes na proposta do IGE para a modificación da súa RPT. A única novidade foi a aparición das áreas funcionais na mesma, e reiteramos que debería retirarse este punto e volver á negociación dos postos encadrados nestas áreas.

Non podemos apoiar esta modificación en tanto permanezcan abertos postos a outras administracións, neste caso concreto ao Instituto Nacional de Estatística, sen os correspondentes acordos de reciprocidade, menos aínda cando se nega a apertura de outros a persoal dos corpos xerais da propia Xunta de Galicia.

6.-Proxecto de orde polo que se convoca o proceso selectivo no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Coumindade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinarios.

Os cambios que se producen son os seguintes:

  • Elíminanse os méritos de formación na fase de concurso para os aspirantes da quenda de acceso libre.
  • A puntuación da antigüidade pasa a ser de 0,22 puntos por ano ou fracción ata un máximo de 40 puntos.
  • Xa que se trata dun proceso selectivo excepcional, suprímese o terceiro exercicio.

Por outra parte, dende a D.X. de Función Pública teñen prevista a publicación desta convocatoria no mes de abril, e retrasan a data do primeiro exercicio, de xeito que non poderá ser antes do 1 de novembro de 2017.

Ademais, existe a posibilidade de que se amplíe o número de prazas se se pode aprobar a tempo a oferta de emprego público correspondente ao 2017. Non hai definido un número de prazas concreto, pero serían máis de 10.

Dende a CSIF entendemos que, sendo a antigüidade media no colectivo de veterinarios de 16 anos, deberían ampliarse os puntos por este concepto, e facer unha discriminación positiva en favor da antigüidade acadada  xa que se prevé a concurrencia de moito persoal de outras administracións.

O noso voto é en contra.

7.-Proxecto de Orde polo que se convoca o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidade de consumo.

A única modificación que se nos presenta é o cambio na puntuación dos dous exercicios da fase de oposición: se lle darán máis puntos ao primeiro (un máximo de 25) por considerar que é a proba máis obxectiva (tipo test) e o segundo exercicio quedará cun máximo de 15 puntos. Se a propia administración recoñece que a segunda proba é a “menos obxectiva” entendemos que debería ser substituída por un caso práctico con resposta tipo test.

Seguimos reclamando tamén o CONCURSO-OPOSICIÓN como sistema selectivo, cando menos para aquelas persoas que opten ás prazas convocadas pola quenda de promoción interna e que se retire o requisito do permiso de conducir para o acceso a esta escala cumprindo co previsto na Lei 11/2004, de 19 de novembro, de inspección de consumo de Galicia. Polo tanto o noso voto é negativo.

8.- Proxecto de Orde pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna no corpo superior de Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de Finanzas.

Neste caso non hai ningunha modificación e destacamos que se mantén o segundo exercicio como proba oral, que atenta contra o debido anonimato do opositor que debe garantirse ao longo de todo o proceso selectivo, canto máis para a quenda de promoción interna. Polo tanto, de considerarse imprescindible un exercicio de desenvolvemento, tería que realizarse por escrito e mediante a asignación dun código ao opositor que permita que os exames sexan totalmente anónimos para o Tribunal no momento da súa corrección.

Polo tanto o noso voto é tamén en contra da proposta da Administración.

9.- Rogos e preguntas:

Encomenda da recollida de mostras das praias a persoal externo á Consellería de Sanidade: preguntamos de novo polas informacións que están circulando ao respecto da externalización da recollida de mostras do programa de praias que está encomendado aos FISP.

O director xeral de función pública recoñece que é el o encargado de dar información sobre estes asuntos e que teremos resposta esta mesma semana. Reclamamos que a resposta sexa inmediata porque a reunión pendente solicitouse con carácter de urxencia.

Proceso selectivo subgrupo C2 acceso libre: ao respecto da modificación do número de respostas para a superación do segundo exercicio, o director traslada a resposta do tribunal. Ao respecto indica o tribunal que rectifica ese número de preguntas de 9 a 8 porque unha vez eliminada a segunda pregunta, a ratio resultante coas 9 preguntas netas era máis baixo do que determinaran ao inicio do proceso selectivo e dificultaba a cobertura de todas as prazas convocadas.

Apertura de rexistros en sábado: por parte do representante da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, AA.PP e Xustiza, comunicouse que non se modificará a apertura dos rexistros en sábado polo momento, xa que aínda que o sábado deixou de ser día hábil para a presentación de documentación os rexistros prestan tamén información aos cidadadáns, función que si cumpren os sábados.

Oferta de empleo público e procesos selectivos para 2017: respecto a la posibilidad de unha oferta de emprego público para o ano 2017 o director xeral de función pública informa que esta mesma semana saberán se teñen posibilidad de incluir prazas na OPE de 2017. De poder facelo, si confirma que pretende incluir nesta OPE o número máximo de prazas posible, ante a continxencia de que non poda haber novas OPEs en anos sucesivos, e que considera que teñen un prazo máximo de 3 anos para realizar as convocatorias correspondentes.

Respecto das prazas de consolidación de persoal laboral, entende que están perfectamente identificadas e poden estar en torno ás 642 (aproximadamente) incluindo as da parte 1ª e as da parte 2ª da DT 10. Cree que poderá excluilas do cómputo para a taxa de resposición, e polo tanto, negociar un proceso de consolidación extraordinario.

Persoal do consorcio: a próxima semana haberá unha reunión da comisión de seguimento do acordo asinado para a integración do persoal do consocio no que informará dos temas pendentes, como a percepción dos trienios e a data na que podería producirse.