Constitución do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Infraestruturas e Vivenda

COMITÉ DE INTERVENCIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE LABORAL DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E VIVENDA.

O pasado martes 18 de abril procedeuse á constitución do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, segundo o seguinte orde do día:

  1. Renovación dos membros do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Infraestruturas e Vivenda e elección do/a Presidente/a e Secretario/a.
  2. Rolda de intervencións.

 

  1. Renovación dos membros do Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Infraestruturas e Vivenda e elección do/a Presidente/a e Secretario/a.

Neste punto acórdase manter como regulamento de réxime interno o xa aprobado no Comité de Seguridade e Saúde Laboral da antiga Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e polo tanto, e segundo o establecido no artigo 2 do dito regulamento, a Presidencia do Comité recae en José Antonio Domínguez Varela, Vicesecretario da Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

Segundo o mesmo artigo citado, a secretaría debe recaer no representante de unha das organizacións sindicais, e proponse, por acordo dos representantes da parte social presentes, que sexa rotatoria en quendas de dous anos. Os primeiros dous anos será responsabilidade do representante de CC.OO. e os dous anos seguintes do/a representante da CIG.

  1. Rolda de intervencións.

Ademais se outros temas organizativos, trátase o tema da reposición da roupa de traballo, xa que a última reposición de roupa para o persoal de Estradas realizouse en marzo de 2015.

O presidente do comité informa de que se está completando o proceso para a adxudicación do contrato correspondente, e que aínda rematou o prazo para a recepción de propostas o 29 de marzo, e polo tanto, hai que cumprimentar o resto dos trámites que marca a lei de contratos. Entende que se resolverá en prazo para entregar a roupa de verán.

A idea do comité e retomar o grupo de traballo de uniformidade e mesmo analizar que tipo de roupa se pode proporcionar en función das necesidades concretas do persoal.

Polo que se refire ao parque móbil ao servizo da AXI, dende a CSIF poñemos de manifesto que hai vehículos en servicio con máis de 30 anos, e que, polo tanto, poden comprometer a seguridade dos traballadores.

A Administración comprométese a recabar información ao respecto e informar da situación do parque móbil na próxima xuntanza prevista para o mes de xuño.

O presidente pon en coñecemento do CSSL que chegaron dous escritos do Comité de Empresa de Servizos Centrais, ao respecto de un grupo de 9 traballadores de corpos administrativos que realizan tarefas de reconto e comprobación de vehículos para confirmar os datos que proporcionan as empresas concesionarias das vías de alta capacidade. Nun primeiro escrito, pedíase que se aclarase a situación e a necesidade da dita tarefa, e nun segundo escrito, que se avalíen os riscos específicos destas tarefas.

Se informa de que se trata de tarefas de reconto de vehículos en vías de alta capacidade, que realizan 9 traballadores da AXI e que, entre todos, realizan un total de 60 horas mensuais. Parece que é unha tarefa necesaria, aínda que se fará un seguemento do tema e se pedirá ao Comité de Empresa de Servizos Centrais que aclare que tipo de intervención require do CSSL.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2017