A derradeira proposta sobre a segunda actividade no SPDCIF segue a excluír o persoal temporal

  • A Xunta leva a súa proposta ao Comité Intercentros mañá, 8 de xuño.

O xoves 8 de xuño é o día elixido pola administración para levar á votación do Comité Intercentros a súa proposta de Acordo para aplicar a segunda actividade no SPDCIF.

Para CSIF, nesta proposta persisten grandes eivas:

  • NON TERÁ DEREITO A SEGUNDA ACTIVIDADE O PERSOAL INTERINO

Aínda que se lle fixo o “maquillaxe” de quitar o termo “fixo” no ámbito de aplicación, o certo é que tal e como informou o Director da Función Pública, as posibles solicitudes do persoal temporal serán denegadas.

Hai que chegar á cláusula Undécima do acordo para ler; “No prazo de seis meses da publicación do presente acordo a Comisión valorará segundo os informes xurídicos pertinentes a proposta do pase a segunda actividade, de ser o caso, do persoal laboral” …(se refiren os temporais)

CSIF manifestou nas diferentes reunións que a xurisprudencia determina a aplicación do principio de igualdade de trato ao persoal temporal ó servizo das administracións públicas. E que neste caso non existe ningunha razón obxectiva que impida o desfrute da segunda actividade ao interinos do SPDCIF.

  • USO DE PRAZAS VACANTES

CSIF xa manifestou o seu rexeitamento da pretensión de usar para a segunda actividade prazas vacantes de RPT das categorías de emisorista, vixilante e operador. E polos mesmos motivos rexeitamos que se usen vacantes existentes de outras categorías, inda que non sexan do SPDCIF. Asemade, neste última caso, as súas función no serían as reflexadas no acordo.

  • NON SE INCLUEN OS “APTOS CON RESTRICCIÓNS” OU “NON APTOS”

Dende a CSIF consideramos que o acordo da segunda actividade debe regular ditas situacións. E habilitarse a cobertura das prazas dos traballadores que no poidan actuar en tarefas de extinción e establecer o seu pase temporal a unha actividade adaptada as súas condicións.

  • NON SE GARANTE A COBERTURA DO 100% DAS PRAZAS

A cláusula novena di literalmente; “O Posto deixado vacante polo empregado que pasa a segunda actividade será obxecto de cobertura regulamentaria consonte o establecido no Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia”, o cal non significa que se chame por listas a tantos interinos coma persoal acollido á segunda actividade.

Por todo elo, para a CSIF o acordo proposto non só non cumpre cós mínimos exixibles a unha norma que debe regular a aplicación da segunda actividade a TODO o persoal do SPDCIF, se non que ademais consideramos que vai en contra das recentes sentencias xudiciais dos tribunais europeos ó discriminar o persoal interino pola súa condición de precariedade.