Criterios que rexerán os actos de elección de destino nos procesos selectivos de Corpos Xerais

O día 16 de xuño, as OO.SS. fomos convocadas pola Dirección Xeral de Función Pública para ser informados dos criterios xerais que se proponen dende dito órgano para a oferta de prazas aos aspirantes que superaron os procesos selectivos para o ingreso nos distintos Corpos Xerais da Xunta.

I.- CRITERIOS PARA A OFERTA DE PRAZAS

Na súa intervención o DXFP comunica que se seguirán os seguintes criterios para a determinación das prazas que se ofertarán

1º.- Se establece como criterio xeral que as prazas que se oferten serán necesariamente as que denominan “vacantes puras”. Isto é, prazas non ocupadas por ningún tipo de persoal (nin funcionarios en comisión ou outra forma de cobertura provisional, nin indefinidos non fixos, nin interinos).

O fundamento da decisión ven dado pola previsión contida no anteproxecto de PP.GG.EE de efectuar nun futuro próximo o que veñen a denominarse “procesos de estabilización” que afectan a este tipo de persoal, e se ben aínda non poden determinarse con claridade os prazos de execución nin as prazas afectadas, a inminencia da aprobación de ditos presupostos, así como a sinatura do último pacto entre a Administración do Estado e as Centrais Sindicais máis representativas a nivel Estatal (entre as que figura CSIF), desaconsellan, e incluso pode entenderse que nalgúns supostos proscriben, a oferta de ditas prazas.

2º.- A vista do anterior e para obter un número de prazas suficiente e axeitado que permita a toma de posesión dos aspirantes que superan os procesos selectivos, se establecen os seguintes criterios:

  1. Se ofertan prazas vacantes puras que xa saíron a Concurso de Traslados en non foron ocupadas.
  2. Se ofertan unha serie de prazas “vacantes puras” que non saíron a Concurso de Traslados nos SSCC.
  3. ofertan outra serie de prazas vacantes puras nas distintas Xefaturas Territoriais.

Con eses tres criterios , se obteñen:

  • 28 prazas para a elección de destino de 10 aspirantes de turno libre e 18 de promoción interna no Grupo A2.
  • 45 prazas para a elección de destino de 24 aspirantes de Promocion interna e 20 de turno libre no Grupo C1.
  • 183 prazas para a elección de destino de 130 aspirantes de Promoción Interna ne 44 de turno libre no Grupo C2.

Respecto das prazas a ofertar no Grupo a1, aínda non se completou a relación, polo que se remitirá nos próximos días, aínda co compromiso expreso da DXFP de que se seguirán os mesmos criterios que para o resto dos Grupos.

Os niveis ofertados son:

  • Postos base (nivel 12) para a totalidade das Prazas do C2.
  • Postos Base (nivel 14) e Xefaturas de Grupo (Nivel 16) para as prazas do c1.
  • Postos base (nivel 16) e Xefaturas de Negociado(Nivel 18) para as prazas do a2.

II.- CRONOGRAMA

As tomas de posesión comenzarán polos Grupos A2/C1 e C2 de Promoción Interna, intentado que as mesmas teñan lugar en xullo.

A continuación tratará de implementarse a toma de posesión da Promoción Interna do Grupo A1, que aínda están coa tramitación da documentación da fase de Concurso, dependendo, segundo o director, da “rapidez” coa que os aspirantes entreguen a documentación (se esgotan o prazo máximo para facelo ou non).

Finalmente, entre finais de xullo e primeiros de agosto intentarase que tomen posesión os aspirantes dos procesos de Libre, tendo en conta que no Grupo C2 atopanse pendentes dun informe da Asesoría Xurídica respecto da legalidade da actuación do Tribunal Calificador.

Entregase  a seguinte documentación consistente na relación de prazas dos Subgrupos A2, C1 e C2:

Lendas para ler os documentos incluídos: