Alegacións da CSIF á proposta de modificación da RPT da Consellería de Infraestrutura e Vivenda e da AXI

A) ALEGACIÓNS Á R.P.T. DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUCTURAS E VIVENDA

I. ALEGACIÓNS XENÉRICAS.

I.1 CAMBIOS DERIVADOS DOS DECRETOSDE ESTRUCTURA.

Respecto das modificacións que veñen impostas pola adecuación da RPT a nova estrutura da Consellería implementada con ocasión dos Decretos 37/2016, do 19 de xullo e 1/18 do 11 de xaneiro, esta organización sindical entende que a Memoria xustificativa carece dunha fundamentación suficiente respecto da provisión polo sistema de LD da Xefatura de Apoio Técnico. No mesmo sentido a xustificación da amortización das prazas de Laborais o Subalterno para a financiación da nova Subdirección Xeral de Planificación Técnica do transporte resulta inexistente.

Noutro orde de cousas e dende un punto de vista mais global e pese a que a determinación dos cadros de estrutura que proceden do Decretos organizativos, resultan unha manifestación da potestade de auto organización da propia Xunta, esta organización sindical non pode deixar de criticar o uso excesivo que se está a facer da creación de postos de Subdirección Xeral. E o fai de modo lexitimo, dado que esas creacións se están a financiar a base de suprimir postos funcionariais de provisión ordinaria.

Neste caso concreto e se ben non discutimos a necesidade de que á vista das novas competencias asumidas pola Consellería dentro da dirección xeral de Mobilidade, teñan que crearse novos postos de estrutura, iso non implica que teñan que ser necesariamente de rango de subdirección xeral. O anterior, tendo en conta que estase a crear unha subdirección xeral de nivel 30, da que dependen unicamente 3 postos, agravándose a situación se temos en conta que a SX de Infraestruturas do Transporte ten baixo a súa dependencia outros 3 (secretario do subdirector ao marxe).

En definitiva, consideramos excesivo a existencia de dúas Subdireccións Xerais de nivel 30 para xestionar un total de 6 prazas de RPT. Se as necesidades competencias é técnicas poden xustificar a creación de ditos postos de estrutura nada impediría que á vista da súa “dimensión” os mesmos tiveran rango de Servicio o que podería redundar en amortizar menos prazas.

I.2. CAMBIOS DERIVADOS DO TRASPASO DE COMPETENCIAS.

Estímase que o cadro que se xunta é impreciso, respecto da prazas do Subgrupo A1

E así, respecto destas prazas propóñese:

  1. Que o cadro describan as prazas cos códigos coa modificación proposta (non so a de partida).
  2. Que tanto as 3 seccións procedentes da AXI, pasen a depender do Servizo Técnico Xurídico II, xunto coa praza que tiña a denominación de Sección de Contratación II.
  3. Que as 4 seccións se lles outorgue unha nomenclatura similar, salvo que exista algunha razón na contra (na memoria funcional non existe ningunha).

E así, se se considera que as seccións teñen carácter xurídico deberan denominarse Seccións Xurídicas (V/VI/VII/VIII) coa mesma área funcional e requisitos que as Seccións Xurídicas que dependen do Servizo Xurídico I.

Pola contra, se se considera que son Seccións de Tramitación, proponse que a súa denominación sexa de Sección de Tramitación (I/II/III/IV), sen área funcional, sen titulación 2062 e abertas tamén ao Grupo C1.

Respecto das novas prazas asignadas a Xefatura Territorial é a vista de que Ourense unicamente conta con dúas seccións na Xefatura, solicítase se expoña cal é a razón que sendo a provincia que consta con menor número de seccións é precisamente a Xefatura Territorial que non recibe ningunha sección. E pola contra tendo en conta que en Ourense xa existen nada menos que 11 postos base do C2 (polos 6 de Coruña, 7 de Lugo, e 3 de Pontevedra), se suxire se non parecería mais razoable para a optimización do traballo e a cobertura dos postos, que a redistribución de postos se faga de un modo mais equilibrado.

I.3.- AMORTIZACIÓNS.

Ao marxe do xa apuntado sobre a amortización de prazas para a creación de Subdireccións Xerais, o número de prazas a amortizar elévase a 19., se ben resulta destacable que ditas amortizacións compénsanse coa creación de 11 negociados, 1 xefatura de sección e unha xefatura de Servizo.

Non obstante, dende esta organización sindical entendemos que non resulta razoable acudir a únicamente a “motivación” da falta da cobertura para proceder a amortización de prazas e de producirse as mesmas e que por tanto, a súa xustificación, debe ir mais alo de dito formalismo. A maior abastamento e para complementar a postura sobre este tema, solicítase a Memoria Económica da modificación da RPT para constatar a posible merma dos créditos consignados no Capítulo I dos PP.XX.CC.AA.

I.4 ÁREAS FUNCIONAIS.

Dende a CSIF xa nos manifestamos en contra do encadramento dos postos nunha determinada área funcional xa que limitan a mobilidade tanto xeográfica como funcional do persoal da administración pública galega polo que non nos pronunciamos ao respecto das asignacións concretas de áreas funcionais ao diferentes postos.

Por este mesmo motivo e unha vez mantida a primeira reunión cos representantes da Consellería, apoiamos a postura dos mesmos, no sentido de suprimir as Áreas Funcionais de todos os postos por debaixo do Nivel 25. Deste xeito, os funcionarios que ocupen prazas de menor nivel non terán tan cercenada a posibilidade de obter prazas nos procesos de provisión que se convoquen, resultando unha medida que CSIF, para evitar discriminacións apoiara (e estenderá posto que a solicitará para todos os postos que se provean por Concurso Xeral) en tódalas RPT.

I.5 PERSOAL DE OUTRAS ADMINISTRACIÓNS E A PERSOAL ESTATUTARIO.

Aínda que a porcentaxe de postos abertos a outras Administracións poida atoparse dentro dos límites esixibles pola norma, dende CSIF consideramos inaceptable que a TOTALIDADE dos postos que se abran a outra administracións sexan postos de cobertura mediante LD. Se un dos fins da apertura postos é que funcionarios destinados fora de Galicia poidan participar en procesos de provisión convocados na administración galega para regresar a Galicia, resulta intolerable que eses procesos se cingan exclusivamente a procesos de Libre Designación, vedando a posibilidade de que a maioría de funcionarios que desexen regresar non podan facelo mediante concurso.

I.6 ESCALA DE DELINEANTES.

Na memoria funcional fálase dos obxectivos que se perseguen coa modificación da RPT. Un destes obxectivos, o punto 6º en concreto, fai referencia adaptación da RPT aos corpos/escalas definidos pola lei 2/2015 do 29 de Abril, de emprego público de Galicia. Segundo o artigo 42 desta lei, os delineantes pertencen ao grupo B, polo que nunha RPT renovada no ano 2018 debería recoñecerlles a dito colectivo como integrantes do grupo B.

Subsidiariamente, se solicita que aos Delineante se lle outorgue mediante a elevación de niveis, unha auténtica carreira Administrativa, xa que na actualidade, carecen da mesma ao ser tódolos postos de traballo do dito Corpo de nivel 18.

II ALEGACIÓNS PUNTUAIS.

Aos efectos de acadar unha homoxeneidade e non discriminación entre prazas de funcións e contidos similares, se efectúan as seguintes propostas:

  • Se propón para a praza IV.C02.00000.15770.048 o Plus de Condución.
  • Se propón para a praza IV.C02.00003.15770.053 a supresión de Area funcional e o mérito en dereito.
  • Se propón para a praza IV.C04.00000.15770.035 a supresión do código 058
  • Se propón para a praza IV.C99.10003.15001.030 a supresión do mérito 501
  • Se propón que os negociados da SX de Inspección de Transporte sexan excluídos da Área Funcional Xurídica.

III PERSOAL LABORAL

Se propón o mantemento da denominación Auxiliar Administrativo nas prazas que teñen cambio de denominación a Posto Base Grupo C2.

 

B) ALEGACIÓNS Á RPT DA AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUCTURAS.

I ALEGACIONS XENÉRICAS.

Respecto das modificacións que veñen impostas pola adecuación da RPT a nova estrutura da Consellería implementada con ocasión dos Decretos 37/2016, do 19 de xullo e 1/18 do 11 de xaneiro, esta Organización sindical entende que a Memoria xustificativa carece dunha fundamentación suficiente respecto a amortización das prazas de legoeiros para a financiación do Servizo de Contratación.

Non existe una xustificación concreta das prazas de Arquitecto Superior de Funcións Facultativas que dependen directamente da Dirección da Axencia.

No que atinxe a incorporación de pluses e complementos específicos diferenciados, se solicita a extensión do mesmo a tódalas prazas de Condutor.

Respecto das áreas funcionais e apertura de postos a outras Administracións, se dan por reproducidas as alegacións efectuadas no punto A) destas alegacións.

II ALEGACIÓNS PUNTUAIS.

  • Aos efectos de acadar unha homoxeneidade e non discriminación entre prazas de funcións e contidos similares, se efectúan as seguintes propostas:
  • Se propón para a praza IV.X01.00001.15770.055 a retirada do mérito 501.
  • Se propón para as Xefaturas de Negociado de nova creación dependentes da Área de Contratación a retirada da Área Funcional de Contratación.

Documentos complementarios:

 

 

Categorías Sin categoríaEtiquetas