Nota informativa sobre o Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Política Social de A Coruña

O día 21 de maio de 2018, reúnese o Comité de Seguridade e Saúde Laboral da Consellería de Política Social de A Coruña co nomeamento como secretaria do pleno a Nuria Tobal Oubiña (CCOO) en rotación anual tal e como se acordou na sesión anterior.

En cumprimento do artigo 18 da Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais, se envían os informes derivados das avaliacións de riscos laborais dos seguintes centros:

  • C.S. Vilagarcía.
  • C.S. Pontepelamios.
  • C.S. Teis.
  • E.I. Marisma Sta. Mariña.
  • E.I. Celeiro.
  • Residencia Xuvenil Altamar.
  • R.M. Nª Sª dos Milagres.
  • R.M. de Carballo.
  • R.M. Porta do Camiño.
  • C.S. Calvario.
  • C.S. Redondela.
  • C.S. Rivera Atienza

Estes informes estanse facendo actualmente cos responsables dos centros e se establecen os prazos de execución en función da súa capacidade.

Os delegados de prevención temos que insistir en que se faga entrega aos traballadores das fichas de riscos por categorías profesionais que acompañan a cada un dos informes, xa que actualmente non se está facendo, tamén é indispensable que os resultados da avaliación de riscos estean dispoñibles en todos os centros para a súa consulta.

INFORMES PSICOSOCIAIS DOS SEGUINTES CENTROS:

  • Residencia de maiores da Pobra do Caramiñal.
  • Residencia de maiores da Estrada.

Hai unha queixa xeneralizada neste tipo de centros de «válidos´». Actualmente unha porcentaxe importante de usuarios se atopa nunha situación de deterioro físico e cognitivo que fai necesario o seu traslado a centros de dependentes .

⇒ CSIF manifesta que a falta de celeridade na valoración da dependencia a súa vez motivada pola falta de persoal dos equipos de valoración está a retrasar este proceso.

INFORME DE SINISTRALIDADE DO ANO 2017

Estamos estabilizados cuantitativamente dende hai tres anos sen esquecer que somos a consellería co índice mais elevado de sinistralidade laboral.

A maior parte dos accidentes son por sobreesforzos e teñen especial relevancia os accidentes causados “por seres vivos” (agresións) especialmente nos CAPDs.

⇒ CSIF manifesta que os sobreesforzos poden provocar lesións importantes e dificilmente recuperables a curto ou longo prazo xa que se producen de forma continuada e mantida no tempo. Por iso, non só é importante e necesaria a formación do persoal e as axudas técnicas, tamén hai que ter en conta as necesidades de persoal nos centros máis prexudicados.

Consideramos necesario concienciar ao persoal das residencias da importancia do traslado e comunicación das agresións que se producen a diario, tendo en conta que actualmente hai un incremento considerable de situacións conflitivas motivadas pola nova tipoloxía de usuario que está ingresando nos centros residenciais.

É indispensable que tódolos centros da consellería dispoñan dun libro de incidencias que recolla as agresións que se producen, así como un modelo de comunicación que permita o seu rexistro e traslado de forma máis obxectiva.

O servizo de prevención impartirá cursos de formación en mobilización de pacientes nos seguintes centros:

  • R.M. Volta do Castro.
  • R.M. Oleiros.
  • R.M. Vigo.
  • CAPDs.
  • Barbadás.
  • R.M. As Gándaras.

ESCRITOS RECIBIDOS

⇒ CSIF solicita a realización da enquisa de valoración psicosocial para a Residencia de Maiores de Volta do Castro.

⇒ CSIF traslada ao comité o deterioro das mesas das habitacións da unidade de cuidados especiais da Residencia de Maiores Volta do Castro por risco de lesión para os traballadores da unidade e persoal encargado da súa limpeza.

⇒ CSIF comunica ao comité a situación do «office» de enfermería das distintas plantas da residencia de Oleiros por o emprego de estantes oxidados e deteriorados sen estar suxeitos á parede o que supón un risco de lesión para o persoal .

VARIOS

⇒ CSIF solicita de novo a colaboración do Sergas para a formación do persoal dos nosos centros na atención de usuarios con patoloxías mentais logo do acordo acadado entre as dúas consellerías.