CSIF pide un plan de actuación específico para frear a alta siniestralidade laboral de Política Social e Medio Rural

No día de hoxe, 25 de setembro de 2018, tivo lugar a xuntanza do comité intercentrosde seguridade e saúde laboral  da Xunta de Galicia para o estudo do avance respecto dos datos de sinistralidade do primeiro semestre do presente ano (xaneiro a xuño de 2018).

Respecto destes datos, vólvese a reflectir a sobresaínte sinistralidade na Consellería de Política Social, sobre todo en accidentes de sobre esforzos ( abranguen máis do 50% de todos os accidentes da Xunta de Galicia), seguido da Consellería de Medio Rural.

A este respecto, dende CSIF, reiteramos a nosa petición de que se elabore un plan de actuación específico para estas consellerías que abranga:

  • Proposta de medidas organizativas nos propios centros de traballo.
  • Dotación dos EPIs necesarios e aqueles outros medios técnicos de protección colectiva.
  • Formación para os coordinadores, supervisores e responsables de centros, e non só para os traballadores e traballadoras.

Dende o SPR infórmannos que se están realizando diversos estudos psicosociais coa finalidade de propor diversas medidas organizativas neste eido.

Outras novidades:

  • Infórmasenos que o SPR en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente están traballando na elaboración de diversos protocolos de actuación ante actividades tales como a retirada da vespa velutina ou de animais mortos.
  • Achégase o informe das reunións dos diversos comités de seguridade e saúde laboral, nos que cabe subliñar a non existencia de ningunha xuntanza da Consellería do Mar. Remitirase escrito solicitando aclaración ó respecto.