Novas de Función Pública facilitadas na Mesa Xeral do 01/03/2019

NOVAS DE FUNCIÓN PÚBLICA
1.- Información da Mesa Xeral do 01 de marzo de 2019
2.- Outras informacións de Función Pública

NOTA INFORMATIVA MESA XERAL 01-03-2019.

Proceso selectivo de AP funcionarios + Proceso selectivo Grupo V-003 ordenanzas e outras do persoal laboral fixo.

Dende CSIF continuamos na mesma liña das alegacións presentadas no seu día (convocatorias procesos selectivos, consolidación-estabilización- funcionarización – libre,OPE 2016-OPE20174-OPE2018).

Con respecto a estas convocatorias (AP FUNCIONARIOS – GRUPO V 003), o Director de Función Pública informa que os exames destes procesos realizaranse no mesmo día, e incluso están estudando a posibilidade de nomear un só tribunal para ámbolos dous procesos.

NOVAS DE FUNCIÓN PÚBLICA FACILITADAS NA MESA XERAL DO DÍA 01-MARZO-2019

  • En breve remitirán e colgaran na páxina web da Xunta, redución da xornada de traballo para os días 5 e 6 de marzo. O día 5 a hora de saída 14:00h, e o día 6 hora de entrada 09:00h.
  • Na semana do 4 de marzo negociarase as equivalencias do persoal laboral e escalas de funcionarios. Creación e proposta de máis categorías no senso de ir a máxima funcionarización, coa pretensión de ter rematado este tema rematado no mes de marzo).
  • A semana que ven remitirán o borrador do Decreto de funcionarización.
  • O vindeiro martes remitirán a orde de grado de carreira profesional , para que estea aprobada en Comisión de Persoal na semana do día 11 de marzo. Adianta que máis do 95% dos funcionarios de carreira cumpren tódolos requisitos e o 60% de persoal laboral fixo tamén cumpre tódolos requisitos. La validación de requisitos efectuarase a través do Portax.
  • Concurso de veterinarios, están traballando dende a Consellería , para publicar previsiblemente no mes de abril.
  • Sobre as oposicións de veterinarios, están na fase de baremación, e acabarán entre marzo e abril.
  • Toma de posesión de biólogos, remiten na vindeira semana a proposta de prazas para ofertar na elección de destino.
  • Proceso promoción interna camareiras e auxiliares de enfermería, por promoción interna, intentarán sacar a relación de persoas que superaron o primeiro exercicio en breve.

NOTA IMPORTANTE:

CSIF non se fai responsable da veracidade das informacións facilitadas polo director xeral de Función Pública. Así mesmo, tampouco se fai responsable do cumprimento dos cronogramas facilitados polo director xeral de Función Pública. Nestas novas simplemente servimos de correa de transmisión aos empregados públicos das informacións facilitadas, sen ter ningunha outra responsabilidade.