Propostas da CSIF para os funcionarios da Xunta

POR UN  NOVO ACORDO DE FUNCIONARIOS

NA CSIF COMPROMETÉMONOS CONTIGO A DEFENDER SEN CONDICIÓNS:

1.- CARREIRA PROFESIONAL

  • Recoñecemento universal do sistema extraordinario de Carreira Profesional, tal e como sostén o Tribunal Supremo.
  • Reverter as discriminacións nos prazos de encadramento entre os diversos subgrupos así como as brutais diferencias existentes nas contías para permitir que a maioría dos Funcionarios poidan acceder ao Grao IV de carreira antes da súa idade de xubilación.
  • Recoñecemento do réxime extraordinario no 3º grao de carreira aos Funcionarios con antigüidade superior aos 20 anos e no 4º aos que posúan unha antigüidade superior aos 25 anos.

2.- PROMOCIóN INTERNA OPE’s 2019-2020

A) Sistema Selectivo por Concurso de méritos: Como opción prioritaria propoñeremos a modificación da Lei de Emprego Público para permitir que as promocións internas se convoquen excepcionalmente polo sistema de concurso. Tal e como permite o artigo 57 da devandita lei e o art. 61 do EBEP.

B) Como alternativa, propoñeremos o Concurso-Oposición utilizado pola Xunta para a funcionarización do persoal laboral:

  • Nº de prazas nas OPE’s 2019-2020: Mínimo, 2.000 prazas.

C) Promoción interna temporal. Modificación da Lei de Emprego Público de Galicia para que o Funcionario de carreira, con carácter voluntario, poida ser nomeado temporalmente para desempeñar funcións dun subgrupo superior, sempre que posúa a correspondente titulación, manténdose en servizo activo no subgrupo de orixe e percibindo as retribucións do posto correspondente ao subgrupo que efectivamente desempeñe.

D) Promoción interna de subgrupo C1 ao A1Modificación da Lei do Emprego Público (art. 80.2) para que os Funcionarios do subgrupo C1 coa titulación esixida poidan promocionar ao A1, consonte ao previsto na Disp. Transitoria 3ª do EBEP.

3.- CONCURSO DE TRASLADOS.- Desenvolvemento dun concurso de traslados para o persoal Funcionario antes da incorporación na condición de Funcionario do persoal laboral que se funcionarice.

4.- CONCURSOS ESPECÍFICOS.- CSIF velará porque os postos provistos por Concurso Específico sexan adxudicados atendendo só a criterios de mérito e capacidade, denunciando pública e xudicialmente toda actuación arbitraria na cobertura dos ditos postos.

5.- CONCURSOS ABERTOS E PERMANENTES.– CSIF seguirá presionando á C. de Facenda para conseguir a implantación inmediata do concurso aberto e permanente.

6.- PERMUTAS DE POSTO DE TRABALLO DE TODOS OS FUNCIONARIOS.– Modificación do artigo 99.1 da Lei 2/2015 do Emprego Público de Galicia para permitir que as permutas de postos de traballo entre persoal Funcionario afecten tamén ao persoal Funcionario Interino.

7.- PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN/CONSOLIDACIÓN.- Defenderemos unhas bases que permitan que a fase de concurso sexa real e efectiva, incluíndo a nota de corte predeterminada na fase de oposición.

8.- DECRETO DE SUBSTITUCIÓNS.- Aprobación dun novo Decreto de Listas onde o tempo traballado puntúe, como mínimo, a metade da puntuación total.

9. FONDOS ADICIONAIS.– Recuperación destes fondos para o seu reparto equitativo entre todos os empregados públicos. Por un acordo de CIG, CCOO e UGT, só se repatiron entre 600 funcionarios.

10.- RESTITUCIÓN DO SALARIO RECORTADO NO ANO 2010 POLO GOBERNO DE ZAPATERO.– CSIF, a nivel nacional, retomará as negociacións para a restitución do soldo e trienios do ano 2010. Estas quedaron en suspenso coa disolución das Cortes Xerais.

11.- XUBILACIÓN PARCIAL DO FUNCIONARIO.- CSIF, a nivel nacional, reanudará co novo goberno de España a negociación para a xubilación parcial dos Funcionarios de carreira; negociación que quedou paralizada coa disolución do Parlamento español.

Novas relacionadas: