Por un novo acordo de Funcionarios, vota CSIF

Por unha CARREIRA PROFESIONAL para todos os Funcionarios que non discrimine nos encadramentos aos Subgrupos A1 e A2 e con aumento das contías para todos os subgrupos.

Por unha PROMOCIÓN INTERNA para todos os Funcionarios de Carreira que sexa real e efectiva.

Por un CONCURSO DE TRASLADOS para os Funcionarios de Carreira antes da funcionarización do persoal laboral.

Por uns PROCESOS DE ESTABILIZACIÓN / CONSOLIDACIÓN que garanta a permanencia da maior parte dos Funcionarios Interinos.

Pola aprobación dun novo DECRETO DE LISTAS que outorgue maior puntuación ao tempo traballado.

Pola PERMUTA de postos de traballo para todos os Funcionarios.

Pola RECUPERACIÓN DO SALARIO RECORTADO DO 5% das pagas extraordinarias suprimidas polo goberno de Zapatero.

Pola XUBILACIÓN PARCIAL dos Funcionarios.

Por que os dereitos económicos e laborais dos Funcionarios sexan negociados por Funcionarios e non por outros que non teñen a condición de Funcionarios, que non entenden nin comparten nin, moito menos, defenden os nosos intereses e dereitos.

Por todo isto,

VOTA CSIF