O 11 de abril estamos obrigados

Nos últimos anos, os Funcionarios estamos a sufrir o maior desprezo e criminalización xamais acontecido na historia da Xunta. Desprezo e criminalización aos que agora se suman CCOO e UGT coa firma o 15 de xaneiro do Acordo de concertación do emprego público: ‘O Acordo da Vergoña.

O 11 de abril, todos os Funcionarios da Xunta de Galicia teremos unha única oportunidade para decidir se estamos conformes co vergoñento Acordo de concertación asinado por CCOO e UGT ou se, pola contra, queremos un novo acordo que dignifique a nosa condición de Funcionarios.

O 11 de abril, todos os Funcionarios teremos a ocasión de manifestar se estamos conformes cunha carreira profesional que discrimina aos subgrupos A1 e A2 e incrementa a brecha salarial entre todos os Funcionarios e que se configura como a peor carreira profesional negociada en todas as Administracións galegas. Ou se, pola contra, queremos unha carreira digna que recoñeza os anos de dedicación e profesionalidade. Unha carreira que non discrimine aos Funcionarios interinos por razón do seu vínculo temporal.

O 11 de abril, os Funcionarios de carreira poderemos decidir se a nosa promoción interna ten que seguir sendo como unhas oposicións de novo ingreso ou si temos dereito a unha promoción real e efectiva para todos.

O 11 de abril, os Funcionarios de carreira poderemos optar por un sistema de concurso de traslados aberto e permanente baseado só en criterios de mérito ou capacidade e non en criterios de nepotismo ou arbitrarios.

O 11 de abril, os Funcionarios interinos poderán dicir ben alto que queren uns procesos de estabilidade xustos e con garantías.

Pero para iso, o día 11 de abril é necesario o teu apoio.

Porque o voto de cada Funcionario suma para acadar unha maioría suficiente que deslexitime o Acordo da Vergoña de CCOO e UGT.

O 11 de abril é o día no que todos os Funcionarios poderemos dicirlle á Facenda e aos seus asociados, CCOO e UGT, que nos sentimos orgullosos da nosa condición, que a nosa dignidade non se vende e que non nos gusta o seu Acordo, porque nada nos di e nada nos da e que queremos un Acordo para Funcionarios e negociado por Funcionarios.

Ese día, o 11 de abril, VOTAREMOS EN CLAVE DE FUNCIONARIO.

Vota CSIF

CSIF garante que os  dereitos dos funcionarios  serán  defendidos  exclusivamente   por funcionarios

 

Documento en PDF

  • Novas relacionadas:

Por un novo acordo de Funcionarios, vota CSIF

Propostas da CSIF para os funcionarios da Xunta