Alegacións da CSIF á RPT da Consellería de Cultura e Turismo

Sen prexuízo das que se poidan añadir durante o proceso de negociación, estas son as alegacións formuladas por CSIF á proposta de modificación da RPT da Consellería de Cultura e Turismo.

  1. ALEGACIÓNS XENÉRICAS.

1.1 Destrucción de emprego público

Como ven sendo norma, cada vez que se negocia unha nova RPT, o primeiro co que nos atopamos á hora de negociar a mesma e cun listado mais ou menos extenso de prazas a amortizar. As causas de negociación o da reforma poden variar, pero o que non varia e a listaxe, de maior ou menor extensión, de prazas que se amortizan. A destrución de emprego público segue a avanzar, inexorablemente.

No presente suposto e co fundamento de financiar o necesario incremento de niveis do persoal de Corpos e Escalas de Administración Especial e a creación de 14 novas prazas de RPT, o certo e que se produce a destrución de 29 prazas de todo tipo, dende Licenciados en Informática, Técnicos Superiores, Xefes de Grupo, Auxiliares o Subalterno.

E o certo que as únicas razóns que existen para fundamentar as ditas prazas son as mesmas de sempre: Que están vacantes e que se fai para o financiamento da creación de novas prazas e dos incrementos de niveis.

Dende CSIF rexeitamos novamente este modo (o modo habitual na Xunta) de modificar RPTs por razóns ben sinxelas:

O simple estado de cobertura dunha praza non é unha razón para prescindir de mesma.

Este modo de actuar supón unha quebra continua da base do emprego público en Galicia ao suprimirse nas rpts decenas de prazas de entrada na Administración.

Se o que se quere e desbotar prazas que xa non son necesarias para crear outro tipo de prazas de maior utilidade ou de mellor calidade de emprego, todas esas circunstancias deben quedar constatadas na negociación, o que evidentemente non é o caso.

O financiamento dos incrementos de niveis non pode ser a conta de seguir coa destrución de mais emprego público.

I.2 Provisión de Xefaturas de Servizo por Libre Designación:

Valoramos positivamente a conversión da maioría do servizos de LD a Concurso Específico.

Non obstante, solicitamos que as prazas de director de Biblioteca, abertas a A1 e A2 e de nivel 26, se provean igualmente por Concurso ou subsidiariamente por Concurso Específico en lugar de LD.

I.3 Áreas Funcionais:

Dende a CSI•F xa nos manifestamos en contra do encadramento dos postos nunha determinada área funcional xa que limitan a mobilidade tanto xeográfica como funcional do persoal da administración pública galega, polo que voltamos a solicitar con carácter xeral a eliminación do encadramento das prazas en Áreas  Funcionais.

A maior abastamento desta alegación xeral, obsérvanse determinadas prazas que aínda cumprindo as directrices da dirección xeral da Función Pública non estarían ben encadradas dentro da Áreas establecidas, o que se relacionará no apartado de alegacións específicas.

I.4 Persoal doutras Administracións:

Aínda que a porcentaxe de postos abertos a outras Administracións poida atoparse dentro dos límites esixibles pola norma, dende CSIF consideramos inaceptable que a práctica TOTALIDADE dos postos que se abran a outra administracións sexan postos de cobertura mediante LD.

Se un dos fins da apertura postos é que funcionarios destinados fora de Galicia poidan participar en procesos de provisión convocados na administración galega para regresar a Galicia, resulta intolerable que eses procesos sexan case que exclusivamente mediante postos de Libre Designación, vedando a posibilidade de que a maioría de funcionarios que desexen regresar non podan facelo mediante concurso ordinario.

Nese sentido e respectando sempre o principio de reciprocidade, este sindicato propón a apertura de postos non cubertos nos últimos concursos e con dificultade para a súa cobertura (unha medida coa que ademais se poderían evitar as sucesivas amortizacións)

1.5 Modificación da xornada do persoal de bibliotecas:

Mediante esta modificación, a administración pretende revocar un pacto que tiña alcanzado sobre a Xornada do persoal que traballa nas Bibliotecas pertencentes á Consellería.

En virtude de dito acordo, as prazas de persoal laboral que tiñan xornada ordinaria, mudarían a súa xornada a medida que as mesmas foran quedando vacantes para pasar a xornada de maña o tarde.

Segundo a Consellería, debido a situación de crise económica e de dificultades na cobertura, este sistema lle resulta agora insostible, polo que restando aínda prazas ocupadas con xornada ordinaria, para a modificalas mediante unha modificación individual das condicións de traballo.

Dende CSIF non podemos estar de acordo con este cambio operado e iso porque:

En primeiro lugar, a xustificación esgrimida pola Consellería podería ter certa razón de ser nos anos 2012 ou posteriores a crise, pero nestes momentos de recuperación económica e o novo contexto fai totalmente extemporánea a modificación. Non ten sentido que despois de durante o período mais duro da crise se mantiveran as prazas con xornada ordinaria e se modifiquen agora no case que no ano 2020

Ademais de iso, o número de prazas que se pretende modificar é de 8, tendo en conta ademais que unha xa está prexubilada a persoa que a ocupa e máis outra cuxa persoa ocupante, faleceu.

Por outra banda, case que o 80% das prazas xa mudaron a xornada para ornada de mañá ou tarde

Por si todo iso non fora suficiente, a idade media destes traballadores é superior aos 57 anos e é probable que nas próximas RPT

Todos estes argumentos creban o discurso xustificativo da Administración par saltarse o acordado, xa que sendo as prazas que permanecen en Xornada ordinaria un porcentaxe moi reducido, téndose superado xa a situación de crise e tendo en conta a progresiva e cércana xubilación destes traballadores, resulta inxustificada as xustificación tanto de carácter organizativas para cambiar  as condicións dos postos de traballo, sendo mais razoable cubrir as prazas vacantes ou non amortizar prazas

Compre salientar tamén que o traballo dos Auxiliares de Bibliotecas, da quenda de mañá, e mailos Vixiantes reclasificados non só consiste na atención ao usuario se non tamén na realización do traballo interno, que nunha porcentaxe moi elevada só se fai na xornada de mañá,  xa que é imprescindible que todos os servizos aos usuarios estean dispoñibles desde a primeira hora:

Préstamos entre bibliotecas

Xestión dos clubes de lectura

Movemento masivo dos fondos

Preparación e montaxe de exposicións

Preparación da prensa diaria

1.6 Incremento dos niveis das Xefaturas de Seccións:

Se ben no cabe mais que congratularse polo recoñecemento do traballo extraordinario efectuado polos compañeiros que se atopan en prazas de Corpos Especiais, non cabe esquecer que os esforzos e adaptacións a novas realidades, compromisos e dedicacións afectaron tamén aos funcionarios que ocupan postos de Corpos Xerais.

Por iso e non estando xustificada de ningún xeito a discriminación retributiva entre as seccións que ostentan un nivel 22 e as seccións que ostentan nun nivel 25, dende CSIF solicitamos que tódalas seccións se lles asigne un nivel 25.

I.7 Posos afectados polos procesos de estabilización:

Nas diferentes RPTs da Xunta de Galicia deben quedar perfectamente identificadas as prazas afectadas polos diversos acordos de Mellora do Emprego Publico e de Estabilización asinados pola CSIF có goberno de España e coa Xunta de Galicia. Isto é:

  • ACUERDO PARA LA MEJORA DEL EMPLEO PÚBLICO del 27 de marzo de 2017
  • ACORDO ENTRE A XUNTA DE GALICIA E AS OOSS SINDICAIS CSIF, CCOO E UXT, PARA O DESENVOLVEMENTO DUN PLAN DE ESTABILIDADE DOS SERVIZOS PÚBLICOS do 15 de xaneiro de 2018.
  • II ACUERDO PARA LA MEJORA DEL EMPLEO PÚBLICO Y LAS CONDICIONES DE TRABAJO del 27 de marzo de 2017

Ditas prazas (tódalas elas) deberan incorporar a lenda “Praza afectada por Acordos de Estabilización 2018-2021” ou equivalente.

Tendo en conta que en ditos acordos se establece unha subcategorización das prazas afectadas, con importantes efectos xurídicos segundo a subcategoría na que se atope a praza, esta circunstancia debe igualmente figurar na  correspondente RPT. E así:

  1. Praza afectada por Acordos de Estabilización 2018-2021 ou equivalente. Ocupada por Persoal Indefinido Non Fixo. (de ser o caso, tamén debe reflectirse a súa afectación pola DTª décima do V Convenio Colectivo Único do Persoal Laboral da Xunta de Galicia)
  2. Praza afectada por Acordos de Estabilización 2018-2021 ou equivalente. Ocupada por persoal temporal ou interino con anterioridade a 01.01.05. Prazas afectadas polo artigo 7 da lei 1/2012 e pola Disposición Transitoria décimo cuarta do TRLFPG.
  3. Praza afectada por Acordos de Estabilización 2018-2021. Ocupada interina ou temporalmente dende 31.12.13 a 31.12.16
  4. Praza afectada por Acordos de Estabilización 2018-2021. Ocupada interina ou temporalmente dende 31.12.14 a 31.12.17

II ALEGACIÓNS ESPECÍFICAS.

1.- Respecto das Áreas Funcionais:

  • A xefatura de Sección de Fundacións non debe ter asignada AF. XUR
  • A xefatura de Sección de Investimentos debe suprimirse AF CON
  • A xefatura de Sección de Xestión Administrativa da SX de Patrimonio Cultural debe suprimirse AF XUR
  • As xefaturas de Sección I e II na SX de planificación e dinamización lingüística debe suprimir a AF ECO

2.- Respecto doutras cuestións:

  • A xefatura de Habilitación I da SX de Xestión Económica, debe proverse por Concurso.
  • Posto base Subgrupo A1 da DX de Patrimonio Cultural debe suprimirse o requisito 2062
  • No se entende a razón de manter nunha soa praza de lingüista os méritos de 463/465.

Consulta aquí a proposta de modificaión da RPT⇒Documento

Categorías RPT