Mesa Xeral para a Promoción Interna. Comeza o paripé das negociacións.

Sen apenas tempo para estudar as alegacións remitidas polos sindicatos e cunha ficticia reunión previa o día 17 na que, en apenas catro horas pretenden abordar

Promoción internacatro procesos de promoción interna e cinco de funcionarización, Función Pública convoca a Mesa Xeral de Negociación dos Empregados Públicos, con carácter extraordinario para o día 18 de decembro.
A pretensión de Función Pública é a de aprobar estes procesos nunha Comisión de Persoal en pleno período de vacacións de Nadal.
E todo isto para mermar a capacidade de negociación dos sindicatos que non asinamos o Acordo de concertación e, sobre todo, evitar que os funcionarios teñan coñecemento da nova tropelía que a Dirección Xeral de Función Pública e CCOO e UXT pretenden facer.
Os borradores poden consultarse nestes enlaces: A1, A2, C1 e C2.