Convocatorias procesos funcionarización grupo B e subgrupo C2 do persoal de incendios

Convocatorias dos procesos de funcionarización do persoal de incendios nas seguintes escalas:

  • Convocatoria para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, do persoal laboral fixo de diversas categorías e postos pertencentes aos Grupos IV e V, do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia.
  • Convocatoria para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira da escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, especialidade de bombeiro forestal xefe de brigada, do corpo de técnicos de carácter facultativo de Administración Especial, Grupo B, do persoal laboral fixo pertencente á categoría 100 do Grupo III (Bombeiro/a Forestal Xefe/a Brigada) do V convenio colectivo do persoal laboral da Xunta de Galicia

Inclúese o persoal que tendo destino definitivo en posto de 9 meses que se atopa en adscripción temporal en posto de 12 meses, sendo convocado neste posto pero a toma de posesión será con destino provisional.

Os/as interesados/as en facer alegacións poden remitilas a CSIF antes das 10 horas do vindeiro luns 2 de agosto

Grupo_B_Bombeiro_forestal_xefe_de_brigada

SubGrupo_C2_Auxiliares_SPIF