Aclaración de dúbidas sobre a Resolución sobre Listas de contratación únicas de funcionarios e laborais da AXG

Dende a Comisión Central de Listas remitíronnos unha serie de aclaracións respecto das dúbidas suscitadas polos integrantes das listas referidas na devandita Resolución.

Así, informan do seguinte:

1.Unicamente se pode solicitar a inclusión nas seguintes listas de persoal funcionario:

GRUPO

CORPO/

ESCALA

DENOMINACION

A1

205G

Escala de sistemas e tecnoloxía da información

A1

2060

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A1

2062

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de camiños, canles e portos

A1

2064

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría industrial

A2

2051

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática

A2

2077

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola

C1

2053

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática

C2

2059

Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

2055

Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Para solicitar a inclusión nestas listas de natureza funcionarial hai que cumprir os seguintes REQUISITOS:

Figurar admitido nalgunha lista de persoal laboral das categorías profesionais laborais equivalentes ao corpo, escala ou especialidade de persoal funcionario na que se solicita a inclusión en listas segundo a orde de equivalencias contidas no anexo II da Resolución do 11 de outubro de 2021.

-Non figurar penalizado o 15 de xullo de 2014 ou con anterioridade a esta data, en todas as listas nas que figuren inscritas das categorías profesionais laborais equivalentes ao corpo, escala ou especialidade de persoal funcionario na que instan a inclusión.

As persoas admitidas nalgunha das listas de persoal funcionario relacionadas anteriormente non poden solicitar a inclusión nestas listas, porque xa figuran admitidas nelas.

A única excepción ao exposto no parágrafo anterior sería a dunha persoa que figurase admitida en listas de persoal laboral das categorías profesionais laborais equivalentes ao corpo, escala ou especialidade de persoal funcionario na que se solicita a inclusión en listas, pero figurase penalizada o 15 de xullo de 2014 ou con anterioridade a esta data nas de persoal funcionario equivalentes, pero sería un caso moi excepcional e só acontecería porque realmente o que está é excluída na de persoal funcionario.

Doutra banda, se unha persoa figura correctamente incluída nas listas de persoal funcionario a data de hoxe, e polo tanto, non pode solicitar a inclusión nelas nesta convocatoria, os méritos por servizos prestados en categorías profesionais laborais equivalentes ou por chamamentos en listas de persoal laboral de categorías equivalentes lles serán computados de oficio pola Administración anunciándose a publicidade destas listas cos seus méritos mediante anuncio que se publicará no DOG. Publicaranse listas provisionais cos novos méritos das persoas que se inclúan agora en listas únicas de persoal funcionario e cos que xa están incluídas, con prazo de 10 días para formular reclamación, e listas definitivas.

Finalmente, se unha persoa figura correctamente incluída nas listas de persoal funcionario a data de hoxe, e, polo tanto, non pode solicitar a inclusión nelas nestas convocatoria, se quere presentar solicitude de modificación de ámbitos debe facelo como sempre de xeito electrónico en xaneiro de 2022 e esta petición producirá efectos o 1 de marzo de 2022 (artigo 7 do Decreto 37/2006).

-Non hai que pagar taxas administrativas.

CONCLUSIÓN: Nestas listas únicas de natureza funcionarial só se poden inscribir integrantes das listas de persoal laboral de categorías profesionais equivalentes aos corpos ou escalas indicados que non figuren xa admitidos na correspondente lista de persoal funcionario.