I. INSTRUCIÓNS SOBRE O RÉXIME DE VACACIÓNS, PERMISOS E LICENZAS PARA O PERSOAL FUNCIONARIO E LABORAL
Dende CSI•F, entendemos que, a pesar de que se recollen algunhas melloras no novo texto, segue a ser un borrador extremadamente restritivo respecto das diferentes condicións e requisitos que se establecen para determinados permisos e licenzas, así como a súa rixidez en canto á posibilidade que se permite no desenvolvemento das vacacións.
- (Primeira proposta da D.X. Función Pública 11/2015)
- (Primeiras alegacións da CSI•F 4/12/215)
- (Segunda proposta da D.X. Función Pública 1/2016)
- (Segundas alegacións da CSI-F 15/01/2016)
II. INSTRUCIÓNS RELATIVAS AO FUNCIONAMENTO E ACTUACIÓN DOS TRIBUNAIS DE SELECCIÓN
Case seis anos despois das primeiras negociacións tendentes a elaborar un documento que mellore o funcionamento dos órganos de selección encargados de avaliar os procesos de selección para o ingreso nos diferentes corpos, escalas e grupos profesionais da Administración da Xunta de Galicia, e case seis anos despois de que ditas negociacións estiveran paralizadas por decisión unilateral da Administración, á vista da ultima proposta feita dende a Dirección Xeral de Función Pública formulamos unhas novas alegacións.