A xuntanza da comisión de seguimento tivo por obxecto o estudo e concreción das bandas horarias resultantes da aplicación do “Acordo de condicións de traballo dos postos de persoal funcionario do SPIF” aprobado na Comisión de Persoal do 12 de febreiro do presente ano.
Na xuntanza, a Dirección Xeral de Defensa do Monte (DXDM) deu resposta ás alegacións dás organizacións sindicais CCOO, CSIF e UGT.
Proposta inicial da Administración secuencia de rotación por semanas (T1-T1-M-M-N1-T2-T1-M-M- N2), coas seguintes bandas horarias:
| Quenda de tarde | Quenda de mañá | Quenda de noite | |||
| T1 | 14:00 a 24:00 h. | M | 08:00 a 18:00 h. | N1 | 22:00 a 08:00 |
| T2 | 18:00 a 04:00 h. | N2 | 23:00 a 09:00 | ||
Proposta sindical fundaméntase en dúas premisas:
- A simplificación e redución dás bandas horarias mediante o establecemento dun único tramo horario asignado a cada quenda de mañá, tarde o noite (07:00 a 17:00, 15:00 a 01:00, 23:00 a 09:00).
- E por outra banda, a aplicación dunha rotación semanal de Tarde, Mañá e Noite.
Proposta actual, a DXDM nos comunica que modifica a súa postura inicial, aceptando unha parte substancial das nosas alegacións. Polo tanto, a nova proposta de bandas horarias da Consellería para todas ás categorías pasa a ser seguinte:
| Quenda de tarde | Quenda de mañá | Quenda de noite | |||
| T | 15:00 a 01:00 h. | M | 08:00 a 18:00 h. | N | 23:00 a 09:00 |
Respecto ás rotacións sobre ás bandas horarias, á Consellería mantén a necesidade de contar con máis medios nos tramos horarios que aconsellan ás series históricas de inicio e estabilización de lumes, polo que mantén a súa proposta inicial, coa simplificación de bandas horarias, coa seguinte secuencia semanal: T-T-M-M-N-T-T-M-M-N.
Observacións á proposta da Administración:
- Eliminase a quenda de 18:00 a 04:00 e aceptan a nosa proposta para ás quendas de tarde e
- Horario de maña: a DXDM mantén que é necesaria a banda de 08:00 a 18:00 pola maior incidencia de inicio de lumes e estabilización dos mesmos nas horas finais desa quenda, tal e como reflexan ás series históricas. Dende ás tres centrais sindicais, entendendo ós argumentos da Administración, mantivemos que o horario de 07:00 a 17:00 ten a vantaxe de posibilitar un solape de dúas horas. O tema segue aberto e non desbotamos poder chegar a unha solución de
- Horas nocturnas: podemos valorar a proposta da Administración dado que os criterios técnicos expostos parecen axeitados e se aceptan as nosas propostas de bandas horarias coa modificación da quenda de tarde de 15:00 a 01:00. Estas modificacións nos aportan un resultado de horas nocturnas anuais totais que cumpre coas reivindicacións de CSIF, CCOO e
- Ǫuendas Centros de Coordinación/Puntos de Vixilancia: a proposta da Administración e que as bandas horarias e secuencias sexan as mesmas que o resto de especialidades do
- Ǫuendas Bombeiros Forestais Condutor de Motobomba: como excepción aos avances acadados ate o de agora, queda por estudar as bandas horarias desta especialidade. Aquí os problemas son maiores, tanto polo número de postos de persoal funcionario existentes, coma pola súa distribución xeográfica nas diferentes demarcacións Acordamos que, na próxima xuntanza, dende UGT, CCOO e CSIF presentaríamos varias alternativas que garantan o dereito dos B.F. Condutores/as de Motobomba á aplicación do acordo sen discriminacións e cunhas bandas horarias que aseguren a viabilidade e operatividade das súas funcións.
- Por último, con respecto ás Brigadas Helitransportadas, a Consellería non parece entender a proposta achegada dende as tres centrais sindicais e mantén a súa proposta inicial. As organizacións CCOO, CSIF e UGT lembrámoslles que as alegacións remitidas contan con un amplo respaldo entre o persoal do ámbito e que deben ser valoradas de novo.
NOTA_INFORMATIVA CONXUNTA COMISION SEGUIMENTO SPIF
A seguinte xuntanza da Comisión celebrarase o vindeiro mércores 10 de abril.

