Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Comisión de seguimento do acordo de persoal do SPIF

O día 13 de decembro celebrouse a 9ª xuntanza da Comisión de Seguimento do Acordo de persoal funcionario do SPIF, coa Dirección Xeral de Defensa do Monte e a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural.

A Consellería fai unha primeira valoración positiva do novo Acordo, en primeiro lugar con respecto ás franxas horarias establecidas, pero sobre todo respecto ós períodos de vacacións solicitados polo persoal, que tiveron unha distribución bastante homoxénea ao longo do ano, con dous picos nos meses de xuño e decembro (pensaban que eses picos se producirían nos meses estivais).

Creen, sen embargo, que é necesaria unha mellora na aplicación do Acordo con respecto a dúas cuestións:

Que dificultade vemos desde as Organizacións Sindicais?: como organizar os vehículos cando na brigada podan coincidir 7 ou 6 compoñentes; incluso con 5 persoas corpulentas a dificultade de espazo nos novos vehículos é evidente. A Administración resposta que co novo acordo e o pacto acadado no seo da comisión de seguimento respecto ao desfrute das vacacións, non serán moitos os días en que coincidan máis de 5 compoñentes na brigada.

DENDE AS ORGNIZACIÓNS SINDICAIS SOLICITAMOS:

A ADMINISTRACIÓN:

Mentres tanto os CCD farán entrega da carteleira do mes de xaneiro dando continuidade á secuencia e calendarios que estaban negociados e establecidos no ano 2024.

Salir de la versión móvil