Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Aclaración sobre o número de días de asuntos particulares no 2018

Asuntos propios para os empregados públicos durante o ano 2018.

Ante as dúbidas existentes neste comezo de ano, ocasionadas pola discrepancia entre o número de festivos nacionais que coinciden en sábado e os días adicionais de asuntos particulares que estes incorporan, e as numerosas consultas recibidas sobre o tema, dende a CSIF queremos aclarar que a Resolución do 24 de febreiro do 2016, onde se ditan as instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas di, en referencia ós asuntos particulares:

1.- Ao longo do ano o persoal ten dereito a seis (6) días de asuntos particulares, sen necesidade de xustificación.

Así mesmo o persoal terá dereito ó gozo de dous días adicionais de permiso por asuntos particulares ó cumprir o sexto trienio, que se incrementará nun día adicional por cada trienio cumprido a partir do oitavo. O gozo destes días poderá ser exercitado dende o día seguinte á data en que se xere o dereito.

5.-Incorpórarase un día adicional de asuntos particulares por cada unha das festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, non recuperable e non substituíble pola Comunidade Autónoma, cando coincidan en sábado en dito ano, agás os traballadores a quendas que xa teñan garantidos o número de festivos anuais a través das carteleiras.

Asemade, no Boletín Oficial do Estado do día 11 de outubro de 2017 fanse públicos o listado definitivo dos festivos nacionais e autonómicos para o 2018, e nel se indica que:

Polo tanto, o sábado 8 de decembro xera un día adicional de asuntos particulares, namentres que o sábado 6 de xaneiro, polo seu carácter de festivo substituíble, non.

 En base ao exposto, no ano 2018 o número de días de asuntos particulares, sen ter en conta os adicionais por antigüidade, son 7.

 

Salir de la versión móvil