A CIG vota en contra de que os traballadores do Consorcio de I+B dispoñan de dous días adicionais de asuntos particulares

ConsorcioOs delegados da CIG no comité de empresa de Ourense votan en contra de que os traballadores do Consorcio de I+B  dispoñan de dous días adicionais de asuntos particulares.

O pasado 01 de decembro de 2016, CSIF interpuxo un Conflito Colectivo contra da decisión da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar pola que non se concedían os días adicionais de asuntos particulares en compensación polos días 24 e 31 de decembro, contradicindo o disposto na Circular da mesma Xerencia do día 25 de abril de 2016.

Na demanda de Conflito Colectivo, CSIF solicitou o emprazamento, entre outros, dos Comités de Empresa do Consorcio de I+B a fin de que estes puideran adherirse e apoiar a mesma, co obxectivo de facilitar que a decisión xudicial fora favorable a todos os traballadores.

Pois ben, o pasado venres 13 de decembro de 2017, reuniuse o Comité de Empresa de Ourense do Consorcio de I+B para decidir si o mesmo se unía á demanda de Conflito presentada por CSIF e, polo tanto, si se unía a petición de que todos os traballadores puidesen desfrutar de dous días adicionais de asuntos particulares.

En dita xuntanza os delegados de CC.OO e UXT votaron a favor de apoiar o Conflito Colectivo presentado por CSIF, facendo causa común na defensa dos dereitos de todos os traballadores do Consorcio. Pero incompresible e sorprendentemente os delegados da CIG que, se supón e din, representan aos traballadores, opuxéronse radicalmente e votaron en contra de que todos os traballadores do Consorcio Galego de I+B puideran ter dous días adicionais de asuntos particulares.

O vindeiro 26 de xaneiro está prevista a celebración do xuízo. Ese día o TSXG determinará si os traballadores do Consorcio de I+B poderán ter dereito aos dous días adicionais por asuntos particulares. É fundamental que todos os que se chaman representantes dos traballadores fagan causa común na defensa dos seus dereitos e intereses e facilitar así unha sentenza favorable.

Por tal motivo, dende CSIF facemos unha chamada de cordura á CIG a aos seus delegados para que rectifiquen, deixen ao marxe intereses personalistas e se sumen á maioría sindical na defensa dos intereses do conxunto dos traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. TODOS SAIREMOS GAÑANDO!!

  • Comunicado en PDF