Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Facenda mantén a supresión dos dereitos dos empregados públicos que impuxo no ano 2012

A Función Pública galega rexeita, unha vez máis, equiparar as condición laborais dos funcionarios de carreira ao resto de colectivos da Xunta.

Resumo da Mesa Xeral de Empregados Públicos: Leis de orzamentos do ano 2023 e de medidas administrativas, celebrada o día 17 de outubro de 2022.

Ausencia de documentación, nula vontade de diálogo e seguidismo do goberno de España, estes foron os piares desta negociación.

Punto I da orde do día: Lei Orzamentos. TÍTULO II. Gastos de persoal

Documentación insuficiente e pacto estatal de salarios

CSIF aproveitou para lembrar o seu rexeitamento ao pacto acadado entre Goberno central e CCOO e UGT, por insuficiente e inadecuado, pois nin siquera cubre a inflación deste ano e ademais se retrasará ata marzo do ano que vén, quedándose desfasada.

Complemento específico diferencial

Función Pública rexeitou respostar e, tras ser repreguntado, explicou que sempre que un empregado público estea en activo e non cumpra as funcións establecidas deixará de percibir ese complemento.

Alegacións

Punto II: Lei de Medidas

Funcionarios de carreira

Así, dende a CSIF instouse a Facenda para que na modificación da Lei do emprego público de Galicia que se vai a facer a través da Lei de medidas administrativas, se incorporasen as seguintes medidas en beneficio dos funcionarios de carreira da Administración Xeral da Xunta de Galicia:

1.- Promoción Interna polo sistema excepcional de concurso de méritos

Convocatoria de todas as prazas abertas a máis dun subgrupo profesional, mediante o sistema excepcional de concurso de méritos. É dicir, o mesmo sistema que o excepecionalmente establecido para que o persoal temporal adquira a condición de funcionario na Lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade.

2.- Excedencia voluntaria por nomeamento provisional, que permita a un funcionario de carreira prestar servizos en calquera Administración pública, organismo, axencia ou entidade do sector público como persoal funcionario interino ou como persoal laboral con contrato temporal, pero mantendo a reserva do seu posto de orixe e sen ser declarado en excedencia voluntaria por interés particular. Isto, tal e como se contempla noutras administracións.

3.- Nomeamento provisional por mellora de emprego (ou promoción interna temporal), que permitiría ao funcionario de carreira ocupar postos de traballo nun subgrupo superior, ata a súa provisión definitiva polo procedemento de concurso de méritos. De igual xeito que se permite ao persoal laboral da Xunta, persoal estatutario do SERGAS e funcionarios da Administración de Xustiza

 O director de Función Pública rexeitou as propostas da CSIF co único razoamento de que “estas propostas xa foron rexeitadas en anos anteriores e en este tamén”.

 

Salir de la versión móvil