CSIF advertimos na Mesa Xeral de Negociación celebrada hoxe que a proposta de Oferta de Emprego Público (OEP) para 2026 presentada pola Administración debe ir acompañada de medidas que garantan unha xestión transparente e ordenada do emprego público. Reclamamos claridade no cálculo das taxas de reposición, un modelo de promoción interna que deixe de ser unha “carreira de obstáculos”, solucións para o persoal laboral en excedencia afectado pola funcionarización e a corrección do que consideramos un “fraude” nas convocatorias do Grupo B, ademais da negociación dun concurso de traslados masivo antes das adxudicacións definitivas.
Seguir leyendo «Mesa Xeral 22 abril: CSIF reclama transparencia na OEP de 2026 e desenvolvemento do Grupo B» →