Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Nota Informativa_Modificación da RPT do IGVS

Onte día 24 tivo lugar una reunión cos responsables do IGVS na que se nos presentaba a modificación da RPT do Organismo Autónomo, para a súa adaptación á nova Estrutura da Xunta e para actualizar a plantilla as crecentes necesidades Instituto.

En primeiro lugar a secretaria expuxo as liñas de actuación que se marcan para estes próximos anos que se centran, fundamentalmente, en dous retos:

Para acadar este obxectivo votarán man da figura de “Proxectos de Interese Autonómicos” (PIA) que axiliza os trámites entre as distintas administracións.

Ademais faise necesario o reforzo polo incremento da actividade no referente a liñas de axudas, queixas ou demandas que deben xestionarse polo organismo.

Todo isto conleva, segundo os responsables da entidade, a necesidade de reforzos Técnicos e de Xestións que levan á necesidade de modificación da RPT.

A proposta presentada aos sindicatos plantexa a creación de 23 postos e a amortización de 14, cun balance neto positivo de 9 postos novos.

Dende este sindicato fixemos notar a nosa disconformidade co feito da apertura dos postos das xefaturas provinciais a tódalas administracións (A12) e para as secretarías de dirección (A11), por entender que hai persoal suficientemente formado nesta administración, sen necesidade de acudir a outras.

E solicitamos a presentación, á maior brevidade posible, da memoria Económica que sustenta esta modificación.

Documentación >> PROPOSTA DE MODIFICACIÓN DA RPT DO INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO –

Salir de la versión móvil