Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Nota Informativa da Comisión de Persoal do día 17 de xullo de 2025.

Información relativa a procesos selectivos para persoal da Consellería do Mar e da Consellería de Medio Rural. Comisión de Persoal do día 17 de xullo de 2025.

 O pasado día 17 tivo lugar a Comisión Ordinaria de Persoal na que se votaron tres propostas de Resolución de procesos selectivos da Administración Especial relacionadas coas Ciencias do Mar , Institutos Marítimo Pesqueiros para Profesores Numerarios e Mestres de Taller.

Pese as melloras introducidas nos textos, relacionadas coa introdución da promoción horizontal que non estaba nos borradores iniciais, CSIF votou en contra por entender que o sistema selectivo debería ser concurso-oposición e non oposición libre, e que a porcentaxe asignada ás prazas de promoción interna debería acadar o 50% e non o 25%

As outras dúas votacións centráronse nos proceso selectivos de Bombeiro Forestal Xefe de Brigada(grupo III) e de Bombeiro/a Forestal e Bombeiro/a Forestal Condutor/a (Grupo V).

 Dende CSIF defendemos, para ambos procesos, que estas prazas debían estar nos procesos da Lei 20/2021 e que foi un erro non incluílas. Valoramos positivamente o cambio de 80-20 a 60-40 e o incremento do valor dos servizos prestados (aínda que poida que non sexa suficiente). Consideramos que a proba física non debe puntuar por tempos debendo ser apto/non apto.

Así mesmo, reclamamos tribunais expertos e redución do número de aspirantes por proba.

Por outra banda solicitamos aclaracións sobre a causa de que non se computen os períodos de inactividade do persoal fixo descontinuo que nesta convocatoria non computan, pero si na da Lei 20/2021. Preguntamos tamén por que non se computan os servizos prestados en SEAGA, cando si se fixo na Lei 20/2021 para o persoal de incendios.

Expuxemos a situación na que se atopa o persoal funcionario (antigos bombeiros forestais) que non poden acceder por promoción interna e non se lles computa a experiencia en acceso libre, pechándolles tódalas portas.

Por ultimo expresamos o desacordo co cambio de titulación para o acceso a determinadas prazas que mudaron de técnico superior a técnico medio, así como o tempo para a realización dos exercicios, que considerado demasiado curto. Por todo elo CSIF votou en contra das dúas propostas.

 

Salir de la versión móvil