Comisión de Persoal 24 xuño: Propostas de convocatoria de distintos procesos selectivos

Función Pública vén de convocarnos a unha xuntanza da comisión de persoal para o próximo martes 24 de xuño para tratar as propostas de convocatoria de distintos procesos selectivos.

ORDE DO DÍA 

  • Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos de cultivo acuícola.
  •  Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre, no corpo Facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de servizos ao buque.
  •  Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de axudantes de carácter Facultativo da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia subgrupo C1, escala técnica de cociña.
  •  Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia subgrupo C2, escala auxiliar de cociña.
  • Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna no corpo de auxiliares de carácter técnico da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia subgrupo C2, escala auxiliar de coidadores.
  •  Proposta de Resolución pola que se convoca o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, mediante o sistema de oposición, para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno.

DOCUMENTACIÓN ⇔ COMISION PERSOAL

*Documentación complementaria que substitúe o anterior ⇔ Convocatoria C2 Coidador