Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Novas de Emprego Público

Novas de Emprego Público relativas ao 0’5%, carreira profesional, condicións de traballo de ensino e medio ambiente, persoal do Consorcio, problemas co Fides, concursos e próximas publicacións no DOG.

Na Comisión de Persoal do pasado día 17 de xullo, a Directora de Emprego Público informou dos seguintes temas dando resposta ás cuestións formuladas por CSIF.

A Administración respostou que vincula a negociación do Decreto coa Carreira Extraordinaria porque esta última establecerá disposicións transitorias para enlazar coas convocatorias ordinarias e dinos que se cambian de criterio, nolo comunicaran. Confírmanse os efectos económicos do 1 de xaneiro de 2025.

As negociacións quedaron aprazadas ata o vindeiro 17 de setembro, data na que se volverá a reunir a Mesa de Negociación.

Respostan que necesitan mais información sobre os cursos que desapareceron e fan fincapé en que os cursos da AGAP pasaron directamente a FIDES. Dinos que agora só están a validan expedientes que afecten a concursos ou procesos selectivos.

Emprego Público dinos que está pendente a publicación de baremos provisionais, sen data. Infórmanos tamén que non recibiron medidas cautelares por extensión de efectos (só por postos específicos que xa foron retirados) e que o Concurso xa está adxudicado. Insisten en que están a traballar para sacar as eleccións de destino este mesmo mes.

Próximas publicacións no DOG:

Salir de la versión móvil