DOG: Convocatorias extraordinarias de acceso aos graos I, II e III da carreira administrativa e complemento de desempeño

Tras a súa aprobación o pasado venres na comisión de personal, hoxe, 02.12.2025, publicouse no DOG o acceso extraordinario aos Graos I, II e III da carreira administrativa da Xunta de Galicia para o persoal funcionario e do complemento de desempeño para o persoal laboral.

Carreira administrativa para persoal funcionario
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251202/AnuncioG0597-281125-0001_gl.html

Complemento de desempeño para persoal laboral
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251202/AnuncioG0597-281125-0002_gl.html

Retribucións e porcentaxes:

  • 2025: 35 %
  • 2026: 70 %
  •  2027: 100 %

Efectos económicos dende o 1 de xaneiro de 2025.

O prazo para solicitalo comenza mañá 3 de decembro, ata o 30 de decembro de 2025

A solicitude debe realizarse a través do FIDES.

 

Sindicatos esixen negociación seria e medidas inmediatas para garantir unha carreira administrativa xusta e sen castigos ao persoal.

CSIF reclama máis tempo de negociación, garantía de grupos de traballo, inclusión do persoal excluído e corrección das penalizacións e criterios de avaliación.

Seguir leyendo «Sindicatos esixen negociación seria e medidas inmediatas para garantir unha carreira administrativa xusta e sen castigos ao persoal.»

Mesa Xeral 14 novembro: Acceso aos graos I, II e III do complemento de desempeño de persoal laboral e borrador do decreto de carreira

Vimos de ser convocados a unha xuntanza da mesa xeral para o vindeiro venres 14 de novembro para abordar o anteproxecto de Decreto polo que se aproba o regulamento do sistema de recoñecemento da progresión na carreira administrativa do persoal funcionario e  laboral da Xunta de Galicia e o a proposta de borrador de Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos |, lI, e II| do complemento de desempeño do posto de traballo para o persoal laboral.

Seguir leyendo «Mesa Xeral 14 novembro: Acceso aos graos I, II e III do complemento de desempeño de persoal laboral e borrador do decreto de carreira»

Mesa Sectorial 14 Novembro: Acordo de convocatoria de carreira profesional graos I, II e II de funcionarios

Vimos de ser convocados unha xuntanza da mesa sectorial para o próximo venres 14 para avaliar a  proposta de borrador de Acordo entre a Xunta de Galicia e as organizacións
sindicais polo que se convoca o procedemento de acceso aos graos |, ll, e lII do sistema
transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na carreira administrativa
prevista na disposición transitoria oitava da Lei 2/2015, do 29 de abril, do Emprego Público
de Galicia, para o persoal funcionario.

Seguir leyendo «Mesa Sectorial 14 Novembro: Acordo de convocatoria de carreira profesional graos I, II e II de funcionarios»