Informámosvos de que foron publicadas no Diario Oficial de Galicia de hoxe 16/12/2025 a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2024 e a baremación definitiva dos servizos prestados para o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar nas listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.
Así mesmo, está previsto que se publiquen no Diario Oficial de Galicia do 18/12/2025 as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, nas que se incorporan as solicitudes presentadas no prazo extraordinario aberto para as persoas incluídas nas listas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e no prazo ordinario establecido no artigo 6 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

