Segundo nos informan dende a Administración, o día 19/02/2019 está previsto que se publiquen no DOG as seguintes resolucións:
- Resolución do 12 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia
- Resolución do 12 de febreiro de 2019, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros e do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros.
A información estará dispoñible no portal web http://www.xunta.gal.