Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

CSIF denuncia a destrución de emprego público en Vivenda e critica a falta de criterios na adxudicación de destinos na Xunta

Na última reunión da Mesa Sectorial da Xunta tratáronse diversas modificacións das Relacións de Postos de Traballo (RPT) da Administración autonómica. CSIF amosou a súa oposición á perda neta de postos na RPT da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e cuestionou a falta de criterios claros na adxudicación de destinos en determinados procesos. O sindicato tamén formulou propostas e observacións sobre outras modificacións de postos na Administración autonómica e no FOGGA, co obxectivo de garantir unha xestión máis transparente e a protección do emprego público.

RPT da Comunidade Autónoma

Esta modificación consistía en:

Dende CSIF apostamos pola necesidade de levar a cabo as modificacións oportunas para permitir a toma de posesión definitiva dos procesos selectivos de bioloxía e ciencias do mar.

RPT da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

O sindicato CSIF manifestou a súa oposición a perda neta de postos de traballo na RPT da Consellería e a falta de protección para o persoal propio da Xunta de Galicia.

Amosamos a nosa desconformidade coa modificación proposta xa que presenta un balance negativo entre amortizacións e creacións. O sindicato subliñou que non pode acordar unha «destrución neta de postos», aínda cando as prazas amortizadas se consideren de difícil cobertura.

Así mesmo, CSIF criticou a apertura do posto de secretariado da Secretaría Xeral a outras administracións (código A11) sen unha xustificación clara de por que non se reservan para funcionarios da Xunta.

Neste senso, o sindicato realizou unha proposta de creación dun novo código, semellante ao A11, pero que circunscriba exclusivamente a aquelas Comunidades Autónomas coas que existan acordos de reciprocidade.

RPT do Fonda Galego de Garantía Agrária (FOGGA)

A modificación consistía no cambio dunha Xefatura de Servizo de Especial a Xeral, aducindo que as novas función do posto axústanse de mellor maneira a esa cualificación. A instancias de CSIF, o sistema de provisión mudouse a Concurso Específico e a adscrición pechouse a Funcionarios da Xunta de Galicia.

Rogos e preguntas

CSIF puxo o foco na situación dos Axentes Técnicos en Xestión Ambiental e a elección dos seus destinos:

A petición do CSIF,  a DXEP revisará os postos ofertados na elección de destino de Axentes Técnicos en Xestión Ambiental, tanto a posible retirada dalgúns postos que non foron obxecto de convocatoria na lei 20/21, como a incorporación de novos postos susceptibles de ser ofertados.

Solicitamos tamén información acerca dos rumores de aprazamento, das probas das especialidades do SPIF que se van a celebrar o 15 de maio para as escalas de bombeiros forestais, recibindo a confirmación de que non lles consta cambio algún na data de celebración.

Unha vez mais solicitamos información do estado actual dos Concurso dos Corpos Xerais informándonos que no momento de publicación da resolución sairá tamén a data de toma de posesión e que se producirá, probablemente, ao longo deste mes de abril, mantendo así os prazos xa informados por Emprego Público dende o mes de Xaneiro.

CSIF reafirma o seu compromiso coa defensa dos dereitos dos empregados públicos galegos e a esixencia dunha xestión transparente e eficiente dos recursos humanos por parte da Xunta.

 

Salir de la versión móvil