O pasado 20 de xaneiro CSIF esixiu por escrito a Facenda que de manera expresa e oficial garantizase que a aplicación do artigo 12 da Lei de Medidas Administrativas non implicará amortizacións de prazas nin despedimentos do persoal laboral temporal.
Este proceso de interinización está a provocar unha grande inquedanza e malestar entre o persoal laboral temporal. Malestar pola falta de negociación e nin sequera información previa, cos seus representantes legais. E inquedanza ante a sospeita xeneralizada entre todo os traballadores de que baixo esta novación do vínculo xurídico exista una vontade do goberno dun plan amortización de postos de traballo, a través das correspondentes modificacións das Relacións de Postos de Traballo, co conseguinte despedimento dos traballadores que os están ocupando en réxime temporal.
Dende a propia Dirección Xeral de Función Pública como dende o grupo parlamentario que da sustento ao goberno galego se están a enviar mensaxes reiteradas, pero de forma indirecta e non oficial, de que as disposicións contidas no artigo 12 do proxecto de Lei de Medidas non suporá en ningún caso nin será aproveitada pola Consellería de Facenda para amortizar ningún posto de traballo ocupado por persoal laboral temporal co conseguinte despedimento.
Por todo isto, dende CSIF, e ante a falta de información por parte desa Dirección Xeral ás organizacións sindicais representativas da función pública galega, esixe dese Centro Directivo que se emita informe a este sindicato de maneira expresa e oficial sobre as seguintes cuestións:
- Primeiro: Se as disposicións contidas no artigo 12 do proxecto de Lei de medidas administrativas para o ano 2017 leva implícita ou suporá a amortización de postos de traballo ocupados por persoal laboral temporal e, polo tanto, o despedimento de traballadores, ou, pola contra, se queda garantida a permanencia de todos os postos de traballo contemplados nas actuais relacións de postos de traballo ocupados por persoal laboral temporal, con independencia do cambio de réxime xurídico laboral.
- Segundo: Cales serán as consecuencias e afectación para o persoal laboral da novación do vínculo xurídico laboral ao vínculo de natureza funcionarial interina.
Nota en PDF.
