Mentiras e enganos, a única verdade sobre a Lei de Medidas

Sen negociaciónA pesar de que a mentira e o engano son accións parecidas, na realidade son diametralmente opostas.

A mentira consiste en afirmar algo que é falso, aínda cando creemos que é certo. Un exemplo sería cando se afirmaba que a Terra era plana. Non era verdade pero quen o afirmaba realmente así o cría.  Estábase a mentir afirmando algo que non era certo, pero sen intención de facer dano a ninguén e sen que houbera malicia.Pero cousa diferente é o engano. No engano existe unha vontade, unha premeditación, a busca dun beneficio, así como causar o prexuízo noutras persoas.

Nos últimos tempos, con motivo do proxecto da Lei de Medidas Administrativas que a Xunta de Galicia remitiu ao Parlamento sen negociación previa coas Organizacións Sindicais, algunha organización “para-sindical” está a tratar de aproveitarse do lóxico cabreo e preocupación que dita Lei está a provocar nos traballadores. Lamentablemente, dita organización está a desinformar e a verter acusacións falsas de forma premeditada contra da postura e actuacións doutras organizacións sindicais. Dito máis claramente, de forma premeditada estase a manipular as informacións na direccións dos seus propios intereses, aplicando o refrán de oportunidade de “a rio revolto, ganancia de pescadores”.

Ante esta falta de escrúpulos por parte de algúns que se auto denominan “compañeiros e compañeiras, vémonos na obriga de reincidir nas informacións e actuacións que dende CSIF se levaron a cabo para combater os contidos da Lei de Medidas así como de reiterar a información veraz a todos os traballadores para que poidan xulgar por eles mesmos e decidan quen os representa e quen non.

 Día 16 de decembro de 2016:

 Día 19 de decembro de 2016:

Día 19 de decembro de 2016:

Día 21 de decembro de 2016:

Día 21 de decembro de 2016:

Día 21 de decembro de 2016:

Día 22 de decembro de 2016:

Día 03 de xaneiro de 2017:

Día 11 de xaneiro de 2017:

Día 20 de xaneiro de 2017:

É unha irresponsabilidade moral a utilización e a manipulación dos traballadores cando estes atópanse preocupados polo seu futuro laboral e en situación de indefensión. Cando os intereses son coincidentes, xa sexa na rúa, nas mesas de negociación ou nos tribunais de xustiza, a unión de todos fai a forza pero o engano dalgúns destrúe.

MINTAN, PERO NON ENGANEN!!

 “Malditos aquellos que con sus palabras defienden al pueblo y con sus hechos lo traicionan…” (Benito Juárez)

Mantente ben informado:

Herald  www.heraldtoupeiras.com

Facebook  https://www.facebook.com/herald.toupeiras/

Twitter @HeraldToupeiras