CSIF esixe a Función Pública garantías expresas de que a Lei de Medidas non supoñerá despedimentos

captura-de-pantalla-2017-01-12-a-las-11-15-31O sindicato independente ven de solicitar á Dirección Xeral de Función Pública a emisión dun informe sobre as consecuencias e afectación ao persoal laboral temporal do art. 12 da Lei de Medidas.

O proxecto de Lei de Medidas Administrativas e Fiscais para o ano 2017, remitido dende o Consello da Xunta ao Parlamento de Galicia, sen a preceptiva negociación coas organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Empregados Públicos, ademais de conter modificacións substanciais da lexislación actual en materia de emprego público, incorpora como novidade lexislativa a “interinización” practicamente forzosa do persoal laboral temporal da Xunta de Galicia. Interinización forzosa toda vez que si o persoal laboral temporal non acepta a novación da relación xurídica-laboral temporal nun vínculo de natureza funcionarial interina, a Xunta procederá á extincion do contrato. E, insistimos, todo eso sen previa negociación coas organizacións sindicais e sen que nin sequera tiveran coñecemento previo desta novidade lexislativa.

Este proceso de interinización está a provocar unha grande inquedanza e malestar entre o persoal laboral temporal. Malestar pola falta de negociación e nin sequera información previa, cos seus representantes legais. E inquedanza ante a sospeita xeneralizada entre todo os traballadores de que baixo esta novación do vínculo xurídico exista una vontade do goberno dun plan de amortización de postos de traballo, a través das correspondentes modificacións das Relacións de Postos de Traballo, co conseguinte despedimento dos traballadores que os están ocupando en réxime temporal.

Dende a propia Dirección Xeral de Función Pública como dende o grupo parlamentario que da sustento ao goberno galego estanse a enviar mensaxes reiteradas, pero de forma indirecta e non oficial, de que as disposicións contidas no artigo 12 do proxecto de Lei de Medidas non supoñerá en ningún caso nin será aproveitada pola Consellería de Facenda para amortizar ningún posto de traballo ocupado por persoal laboral temporal co conseguinte despedimento.

Por todo isto, dende CSIF, e ante a falta de información por parte desa Dirección Xeral ás organizacións sindicais representativas da función pública galega, esixe dese Centro Directivo que se emita informe a este sindicato de maneira expresa e oficial sobre as seguintes cuestións:

  • Primeiro: Se as disposicións contidas no artigo 12 do proxecto de Lei de medidas administrativas para o ano 2017 leva implícita ou supoñerá a amortización de postos de traballo ocupados por persoal laboral temporal e, polo tanto, o despedimento de traballadores, ou, pola contra, se queda garantida a permanencia de todos os postos de traballo contemplados nas actuais relacións de postos de traballo ocupados por persoal laboral temporal, con independencia do cambio de réxime xurídico laboral.
  • Segundo: Cales serán as consecuencias e afectación para o persoal laboral da novación do vínculo xurídico laboral ao vínculo de natureza funcionarial interina.

Nota en PDF