Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Derrogadas as medidas sanitarias en procesos selectivos derivadas da emerxencia sanitaria.

Os aspirantes afectados por Covid xa non dispoñen de data alternativa para a realización dos exámenes.

O pasado xoves 21 de outubro, o DOG daba publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, polo que se declara a finalización da situación de emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tal e como veñen de confirmar fontes de Función Pública, a partires da dita data todos os procesos selectivos  que se leven a cabo, sen mas medidas establecidas na Disposición adicional segunda da Lei 4/2021, de medidas fiscais e administrativas.

En concreto, quedan sen efecto as seguintes medidas, entre outras:

A pesar da publicación no  DOG do  día 21 de  outubro do fin da situación de emerxencia sanitaria, o mantemento na web de Función Pública das Normas COVID para o desenvolvemento das proba dos procesos selectivos, nas que se contempla unha segunda convocatoria para os aspirantes afectados por covid-19, está a crear unha grande incerteza entre os aspirantes.

Por isto, unha vez feita a consulta na Dirección Xeral de Función Pública, confírmase que os procesos selectivos volven a desenvolvese do mesmo xeito que na situación anterior á existencia da pandemia.

Salir de la versión móvil