Os aspirantes afectados por Covid xa non dispoñen de data alternativa para a realización dos exámenes.
O pasado xoves 21 de outubro, o DOG daba publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, polo que se declara a finalización da situación de emerxencia sanitaria na Comunidade Autónoma de Galicia.
Tal e como veñen de confirmar fontes de Función Pública, a partires da dita data todos os procesos selectivos que se leven a cabo, sen mas medidas establecidas na Disposición adicional segunda da Lei 4/2021, de medidas fiscais e administrativas.
En concreto, quedan sen efecto as seguintes medidas, entre outras:
- A ampliación de prazos de realización de exercicios.
- A realización dos exercicios en distintas quendas e con distintos exames ou en distintas sedes.
- A fixación de datas alternativas para a realización de exercicios a persoas aspirantes que non poidan participar na fecha inicialmente sinalada por estar cumprindo unha medida de illamento ou corentena que teñan prescrita por ser persoa infectada por covid-19 ou contacto estreito.
A pesar da publicación no DOG do día 21 de outubro do fin da situación de emerxencia sanitaria, o mantemento na web de Función Pública das Normas COVID para o desenvolvemento das proba dos procesos selectivos, nas que se contempla unha segunda convocatoria para os aspirantes afectados por covid-19, está a crear unha grande incerteza entre os aspirantes.
Por isto, unha vez feita a consulta na Dirección Xeral de Función Pública, confírmase que os procesos selectivos volven a desenvolvese do mesmo xeito que na situación anterior á existencia da pandemia.