Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Novas de Función Pública sobre datas de exames, erros no FIDES, funcionarizacion e RPT’s

Nota informativa da Comisión de Persoal do 21 de xuño e das informacións facilitadas pola directora de emprego público.

O venres pasado, día 21, tivo lugar a Comisión de Persoal na que se someteron a votación os seguintes asuntos:

1.- Puntos da Orde do día:

. Modificación das equivalencias do Decreto 165/2019 de funcionarización (CSIF vota en contra)

. Modificación da RPT da Consellería de Cultura  (CSIF vota a favor)

. Modificación da RPT da Axencia Tributaria de Galicia (ATRIGA) (CSIF vota a favor)

Con respecto á RPT de funcionarización grupos III e IV, este punto retirouse da orde do día para proceder a unha nova análise e posterior negociación coas organizacións sindicais.

2.- Rogos e preguntas:

Na quenda de rogos e preguntas tratáronse as seguintes cuestións:

Datas de exames.

Ante a crecente preocupación pola polémica desaparición do “Calendario de Exames”, CSIF instou á Directora a que, sen mais dilación, faga públicas as datas dos procesos pendentes.

A súa resposta foi que poñerán todos os medios necesarios para que se cumpran os prazos do calendario…

Erros detectados no FIDES

Preguntada polos erros detectados no FIDES, tanto na validación dos títulos como nas puntuacións outorgadas.

A resposta foi que o FIDES é unha ferramenta nova e que a súa implementación leva tempo pero que se corrixirán os erros coa maior brevidade posible.

Salir de la versión móvil