O día 12 de febreiro do 2019 celebrouse Comisión de Persoal cos seguintes puntos de interese:
I.- MODIFICACIÓN DO DECRETO DE LISTAS.
Dada a súa grande importancia, informaremos deste punto nunha nota monográfica.
→ O voto da CSIF foi “EN CONTRA”
II.- PRESENTOUSE Á NEGOCIACIÓN A ORDE DE CONVOCATORIA DE PROCESOS SELECTIVOS NA ESCALA SUPERIOR DE ESTATÍSTICOS.
Non se recolleron ningunha das alegacións efectuadas por CSIF, entre as que podemos destacar:
- A necesidade de que o sistema selectivo a empregar sexa o Concurso Oposición,
- A necesidade de reducir o número de exercicios (5 no borrador) e a substitución na parte Xeral do Temario por un Anexo lexislativo, tal e como xa ocorre no Corpo Xeral,
- Que a EGAP se encargue da elaboración do temario para afrontar o exame de desenvolvemento teórico.
- Reducción de Probas (De cinco exercicios, solicitamos a redución a catro).
→ Polo tanto, o voto da CSIF foi “EN CONTRA”
III.- CONCURSO DE TRASLADOS
O texto presentado xa non era un mal texto, e o buzón de prazas axeitado polo que, pese a non poder conseguir que se estimasen tódalas as alegacións, e dado que a celebración do Concurso era unha vella demanda desta central, o voto da CSIF foi → “A FAVOR
IV.- MODIFICACIÓN PUNTUAL DA RPT DE POLÍTICA SOCIAL CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E EMPREGO.
A mesma foi debida uns erros materiais producidos na aprobación inicial da RPT da mesma.
→ Voto da CSIF: ABSTENCIÓN