Icono del sitio Boletín independiente de CSIF Galicia para os empregados públicos

Novas de Función Pública: calendarios, persoal investigador, trienios e carreira profesional

Na Comisión de Persoal celebrada o pasado día 6 de febreiro de 2025, a Directora Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal informou, a petición da CSIF, sobre os seguintes aspectos:

Calendario para os procesos de estabilización, tomas de posesión e concurso de traslados:

Están a analizar os 206 procesos e cando finalicen ese análise verán como teñen que proceder. Unha vez isto informarán ás organizacións sindicais.

Grado III da Carreira Profesional:

A dia de hoxe non teñen prevista ningunha data (Suma y sigue).

Persoal Investigador: O Decreto 12/2024 establecía un dun ano dende xaneiro de 2024 para a determinación dos criterios e procedementos de avaliación de dito persoal.

A directora resposta que “estamos trabajando en ello”.

Abono dos trienios perfeccionados do persoal laboral funcionarizado.

A directora respostou que  “analizarán ás setenzas do TSXG” e darán resposta.

Outras cuestións:

Dende o Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (LASAPAGA) plantexan ás organizacións sindicais os posibles problemas de seguridade do persoal e de saúde pública, derivados da existencia de material biolóxico nas súas instalacións sen que existan medidas de seguridade axeitadas para a súa garda. Dende o Laboratorio solicitan á Administración a incorporación dalgún tipo de medida durante as 24 horas nas 3 ubicacións do LASAPAGA, que cubra a vixilancia e a seguridade  tanto no intre da xornada de traballo habitual, como fóra da xornada, os festivos e a nocturnidade.

Dende a CSIF manifestamos o noso apoio ás medidas plantexadas polo LASAPAGA urxindo a necesidade da súa implantación.

Salir de la versión móvil