Información en materia de función pública relativa a procesos selectivos, funcionarización, carreira profesional e eleccións de destino.
Información facilitada polo director de Función Pública na Comisión de Persoal celebrada o pasado día 30 de maio de 2023
1.- Procesos Selectivos:
Publicarán no DOG dos vindeiros días as datas dos exercicios de 15 procesos selectivos para os que xa había data prevista.
O próximo luns publicarase o baremo provisional de procesos de A1 e A2 de finanzas e proximamente publicarán tamén o de gardacostas.
Publicaranse nos próximos días as listas de admitidos provisionais de 48 procesos de estabilización nos que hai máis de 2000 persoas inscritas.
Por outra parte, informaron dos criterios de elección de destino e achegaron os buzóns de postos para a toma de posesión dos procesos de persoal educador, veterinario e auxiliar de clínica. Dan prazo para alegar ata o venres 2 de xuño. Agás no proceso de laborais de veterinarios, incluiranse prazas ocupadas por persoal interino, de menor a maior antigüidade:
Auxiliares de clínica: persoal interino dende o 02 de marzo de 2011.
Persoal educador: persoal interino dende o 19 de novembro de 2019.
Persoal veterinario: persoal interino dende o 28 de xuño de 2022.
2.- Carreira Profesional:
Con respecto ás persoas que teñen recoñecida a carreira profesional e aínda non a están a cobrar, informan que aínda se están a tramitar solicitudes.
Con respecto a aqueles traballadores que teñen que presentar documentación, por no figurar ningún dos méritos baremables, abrirase un prazo no mes de xuño. No DOG do
No DOG do próximo luns, día 5 de xuño, publicarase no DOG os correspondentes requirimentos, así como o procedemento a seguer.
3.- Funcionarización:
Sobre os nomeamentos para os procesos de funcionarización que xa teñen baremación definitiva, informan que durante o próximo mes se farán aqueles que xa contan cunha RPT adaptada. O resto se irán producindo despois do verán, a medida que se vaian adaptando ás RPT.
Nota importante:
CSIF non se fai responsable da veracidade das información facilitadas polo Director Xeral de Función Pública nin, moito menos, do cumprimento dos prazos sinalados. CSIF unicamente transmite a ditas información aos traballadores afectados e demais persoas interesadas.