Onte 8 de xuño de 2026 celebrouse unha reunión entre representantes da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e as organizacións sindicais para presentar o borrador dunha memoria xustificativa para a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) vinculada ao Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF), que se estrutura en dous bloques:
BLOQUE I: CREACIÓN DA UNIDADE DE DIRECTORES/AS DE EXTINCIÓN (UDEX)
A Consellería propón incorporar á RPT unha estrutura específica para a Unidade de Directores/as de Extinción (UDEX), que vén funcionando desde o ano 2023.
Segundo a proposta, a UDEX quedaría integrada por 15 postos con ámbito de actuación autonómico:
- 1 posto de Axente Coordinador/a Autonómico/a UDEX, con nivel 25 e provisión por LD.
- 2 postos de Axentes Coordinadores/as UDEX, con nivel 22 e provisión mediante Concurso Específico.
- 12 postos de Axentes UDEX, con nivel 20 e provisión mediante Concurso Ordinario.
BLOQUE II: MODIFICACIÓN DE POSTOS TÉCNICOS DO SPIF
Por unha banda, a Consellería propón incorporar ao Acordo sobre as condicións de traballo do persoal funcionario dos subgrupos A1 e A2 do SPIF un total de seis postos que actualmente realizan funcións vinculadas ás gardas de incendios forestais.
|
Código de posto |
Denominación |
Centro directivo |
| MRC991080115001010 | XEFATURA ÁREA DEFENSA CONTRA INCENDIOS II | DIRECCIÓN TERRITORIAL DA CORUÑA – SFPIF |
| MRC991080127001009 | XEFE/A DE AREA DEFENSA CONTRA INCENDIOS II | DIRECCIÓN TERRITORIAL DA LUGO – SFPIF |
| MRC991080132001011 | XEFE DE AREA DEFENSA CONTRA INCENDIOS II | DIRECCIÓN TERRITORIAL DE OURENSE – SFPIF |
| MRC991080136001011 | XEFE DE AREA DEFENSA CONTRA INCENDIOS II | DIRECCIÓN TERRITORIAL DE PONTEVEDRA – SFPIF |
| MRC991080115001015 | POSTO BASE A1 | DIRECCIÓN TERRITORIAL A CORUÑA |
| MRC991080127001004 | POSTO BASE A1 | DIRECCIÓN TERRITORIAL A LUGO |
Por outra banda propón a reorganización de catro postos técnicos provinciais mediante a homoxeneización da súa denominación, a integración de todos no SPIF, e a apertura destes postos aos subgrupos A1 e A2.
|
CÓDIGO DE POSTO |
DENOMINACIÓN DO POSTO |
ESCALA |
SUBGRUPO |
NIVEL |
| MRC991080115001213 | TÉCNICO/A DE APOIO AO SPIF | EME3/ESE5 | A1-A2 | 20 |
| MRC991080127001004 | TÉCNICO/A DE APOIO AO SPIF | EME3/ESE5 | A1-A2 | 20 |
| MRC991080132001010 | TÉCNICO/A DE APOIO AO SPIF | EME3/ESE5 | A1-A2 | 20 |
| MRC991080136001010 | TÉCNICO/A DE APOIO AO SPIF | EME3/ESE5 | A1-A2 | 20 |
Desde CSIF queremos agradecer as numerosas achegas xa recibidas e informarvos de que seguimos recollendo propostas e suxestións ata o xoves 11.06.2026 ás 12.00 co fin de elaborar e presentar unhas alegacións que reflictan fielmente as necesidades, inquietudes e reivindicacións dos profesionais do SPIF.

